A Praza da Música de Xinzo de Limia acolle este sábado, 11 de xullo, un evento para coñecer a cultura e a gastronomía de Perú e da República Dominicana.
A cita, organizada polo Concello e a asociación Caminando Juntos, comezará ás 19:30 horas. A entrada é de balde ata completar o aforo.
O programa da xornada inclúe:
- Degustacións: proba de pratos típicos de Perú e da República Dominicana.
- Actuacións: música e recitais de poesía ao longo da tarde.