← Volver Dende A Limia

A Deputación impulsa o ciclismo de montaña coa IV “Xurés Bike Tour” que levará aos participantes polos municipios de Muíños, Entrimo e Lobios

A Deputación impulsa o ciclismo de montaña coa IV “Xurés Bike Tour” que levará aos participantes polos municipios de Muíños, Entrimo e Lobios

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Deputación de Ourense a través do Inorde impulsa, co apoio de Turismo de Galicia, a cuarta edición da “Xurés Bike Tour” que levará aos afeccionados ao ciclismo de montaña a gozar das paraxes naturais que ofrecen os concellos de Muíños, Entrimo e Lobios. O evento, que se celebrará os días 15 e 16 de xuño, reunirá a máis de 150 deportistas nunha proba competitiva en bicicleta de montaña en formato volta de dous días e dividida en tres etapas (dúas tipo maratón e unha contrareloxo). A competición será de forma individual ou por parellas.
A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o presidente do Inorde e deputado provincial de Turismo, Rosendo Fernández; o xefe da área de Turismo da Xunta en Ourense, Cecilio Santalices; a alcaldesa de Lobios, Mª Carmen Yáñez; o concelleiro de Festexos de Muíños, Benito Rodríguez; a xerente do Inorde, Emma González; e o director técnico da proba, Serafín Martínez.
“Este tipo de probas permítenos potenciar os recursos naturais e patrimoniais da provincia a través do turismo deportivo e, neste caso, ao tratarse dunha proba que dura dous días, atraemos a visitantes que terán que pernoctar aquí co correspondente impacto económico que isto supón para o territorio”, explicou Rosendo Fernández.
Nesta ocasión, a “Xurés Bike Tour” será disputada por máis de 150 deportistas procedentes de 11 provincias, entre os que se atopa o Campión do Mundo de XCM, o portugués David Vaz.
Ademais, este tipo de eventos deportivos contribúen a promover o Centro BTT do Xurés, impulsado pola Xunta de Galicia, e que ofrece un total de nove rutas nos municipios de Muíños e Lobios, sumando máis de 200 km sinalizados. Este Centro conta tamén con diferentes servizos que se prestan ao longo de todo o ano en diferentes puntos como o Complexo Deportivo de O Corgo, o balneario de Lobios ou Aviva OutDoor Sports Center.
Tres etapas na Xurés Bike Tour

A primeira etapa ten unha distancia de 42 quilómetros e 1.000 metros de desnivel que comezarán desde o Complexo Deportivo de O Corgo, en Muíños, e levará aos participantes a percorrer parte do Parque Nacional de O Xurés, pasando por enclaves únicos como a aldea de O Salgueiro, Prado ou Maus de Salas.
A segunda etapa sairá desde o municipio de Entrimo cun percorrido de 12 km e con máis de 300 metros de desnivel que se disputará nunha contrareloxo individual. 
Por último, a terceira, a etapa raíña da proba cun percorrido de 55 km con 1.500 metros de desnivel, terá a súa saída e chegada no centro de Lobios e transcorrerá pola contorna da Mina das Sombras e Portela do Homem.

A “Xurés Bike Tour” consta de distintas modalidades: volta completa, na que os participantes realizan as tres etapas; bicicleta eléctrica, dirixida a deportistas individuais que realicen as tres etapas cunha e-bike —esta categoría no será competitiva— e modalidade por parellas, para os equipos de dous integrantes que realicen as tres etapas. Os equipos poderán ser masculinos, femininos ou mixtos. Ademais, poderase realizar calquera das etapas de forma individual -agás o prólogo-, pero non entrarán nos premios da etapa.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión entre a Consellería do Medio Rural e o concello
Dende A Limia Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión entre a Consellería do Medio Rural e o concello
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo un encontro co alcalde de Vilar de Santos, Marcos Nogueiras, e a tenente alcalde, Begoña Francisco, para coordinar novas vías de colaboración en favor do desenvolvemento rural no concello. Mellora da rede de camiños Un dos puntos centrais da reunión foi a mobilidade de terras. Desde o ano 2020, a través do plan "Camiña Rural", destináronse máis de 160.000 euros para o acondicionamento e conservación de camiños de acceso a parcelas agrícol…
18 de mayo de 2026 1 min lectura
Axudas da Deputación de Ourense para a adaptación de vivendas de persoas maiores
Dende A Limia Axudas da Deputación de Ourense para a adaptación de vivendas de persoas maiores
A Deputación de Ourense abriu unha nova convocatoria de axudas destinadas a financiar a mellora da accesibilidade e a adaptación de fogares para persoas maiores da provincia. O obxectivo desta medida é promover a autonomía, a seguridade e a calidade de vida deste colectivo, adaptando as súas vivendas ás súas necesidades específicas. Requisitos para a solicitude Para poder optar a estas axudas, os interesados deben cumprir os seguintes criterios: Ter 65 anos ou máis. Estar empadroados nun con…
22 de mayo de 2026 2 min lectura
Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Dende A Limia Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Este venres, os estudantes do Grao Profesional celebraron un recital para amosar os coñecementos adquiridos durante a súa formación. A xornada culminou coa graduación dos alumnos de último curso, que contou cun homenaxe especial a Suso Dopozo, organizado con xunto pola comunidade de estudantes e polo Concello de Xinzo.
13 de junio de 2026 1 min lectura