← Volver Dende A Limia

O CDR O Viso regulariza a situación de máis de 120 persoas na Limia

O CDR O Viso regulariza a situación de máis de 120 persoas na Limia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso rematou en xuño un proceso de acompañamento que permitiu presentar 70 expedientes de regularización extraordinaria de estranxeiría para máis de 120 persoas na comarca da Limia.

A iniciativa, que busca consolidar a integración plena das familias na vida social e laboral da zona, contou cun equipo multidisciplinar formado por profesionais do traballo social, a educación social, a pedagoxía e a psicoloxía. Tras un estudo individualizado, os expedientes foron presentados co obxectivo de que estas persoas obteñan nos próximos meses a súa documentación como veciñanza de pleno dereito.

Un dos principais impactos desta medida será a normalización da situación administrativa de arredor de 30 menores. Isto permitiralles participar en centros educativos, escolas deportivas e actividades artísticas en igualdade de condicións co resto dos nenos e nenas.

En canto á procedencia das familias beneficiadas, o CDR O Viso destaca os seguintes datos:

A nivel xeográfico, o impacto centrouse principalmente na comarca da Limia, que sumou o 73% dos casos (con 36 expedientes en Xinzo de Limia e 15 distribuídos polo resto dos concellos). O 27% restante corresponde a familias da bisbarra de Verín-Monterrei, grazas á colaboración co CDR Portas Abertas.

Este proceso supuxo tamén un reforzo na colaboración entre os servizos sociais municipais e a rede provincial coordinada pola Área de Benestar da Deputación de Ourense. Esta acción enmárcase no programa Galicia Acolledora, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da asignación do 0,7% do IRPF.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Así lucen o novo carril bici e as obras das avenidas de Madrid e Ourense
Dende A Limia Así lucen o novo carril bici e as obras das avenidas de Madrid e Ourense
A transformación das avenidas de Madrid e Ourense xa é unha realidade para os peóns e ciclistas da vila. O novo trazado busca mellorar a seguridade viaria e a mobilidade urbana na zona máis transitada. As obras de humanización renovaron por completo o aspecto da estrada xeral, facendo que sexa máis accesible para todos. Estas son as principais novidades: Novo carril bici: Un espazo segregado e seguro para o uso de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal. Humanización: Mellora das beirarr…
7 de julio de 2026 1 min lectura
O delegado da Xunta recibe o Antela FC tras o seu ascenso a Terceira Federación
Dende A Limia O delegado da Xunta recibe o Antela FC tras o seu ascenso a Terceira Federación
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na sede da Delegación Territorial á directiva e aos xogadores do Antela Fútbol Club para felicitalos polo seu recente ascenso á categoría de Terceira Federación. Durante o encontro, o representante do goberno autonómico quixo recoñecer persoalmente o mérito deportivo do conxunto, destacando o esforzo realizado pola entidade ao longo da tempada para acadar este obxectivo tan importante para o club e para o deporte da pro…
1 de julio de 2026 1 min lectura
Xinzo de Limia abre a programación do Orgullo 2026 cun faladoiro sobre diversidade
Dende A Limia Xinzo de Limia abre a programación do Orgullo 2026 cun faladoiro sobre diversidade
O Concello de Xinzo de Limia deu comezo este venres aos actos do Orgullo 2026 cun faladoiro aberto á cidadanía dedicado a reflexionar sobre a igualdade e a diversidade na comarca. A cita tivo lugar no salón de plenos da casa consistorial, servindo como punto de encontro para debater sobre a importancia de construír unha sociedade máis inclusiva. O obxectivo desta iniciativa foi fomentar a creación de espazos seguros e libres para todo o colectivo. Dende o consistorio limiao destacaron a boa ac…
27 de junio de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser