← Volver Concello de Sandiás

Os nenos de Sandiás e a comarca aprenden sobre seguridade nunha exhibición da Garda Civil

Os nenos de Sandiás e a comarca aprenden sobre seguridade nunha exhibición da Garda Civil

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Os rapaces e rapazas de diversos centros educativos e programas de verán da Limia participaron nunha xornada práctica en Sandiás para coñecer de preto o traballo da Garda Civil e de Protección Civil.

A iniciativa, celebrada no marco das actividades estivais, reuniu a usuarios e usuarias do PAI de Vilar de Santos, a Casa Niño de Rairiz de Veiga, e o programa Concilia Verán e o PAI do Concello de Sandiás. O obxectivo da xornada foi achegar os servizos de seguridade e emerxencias aos máis pequenos a través do xogo e a experimentación directa.

O evento contou coa participación de varias unidades da Garda Civil de Ourense, como o Plan Director, a Unidade de Seguridade Cidadá de Xinzo de Limia, o Subsector de Tráfico e a unidade de traslado de presos, ademais da colaboración esencial de Protección Civil de Sandiás.

Durante a exhibición, os asistentes puideron coñecer o funcionamento dos vehículos e equipos de emerxencia, destacando especialmente as seguintes actividades:

A xornada pechouse cunha merenda de convivencia entre todos os asistentes, onde os nenos recibiron agasallos como pulseiras de Protección Civil e pegatinas conmemorativas como recordo da experiencia.

A organización subliñou a profesionalidade e implicación de todos os efectivos participantes. Así mesmo, destacouse o papel do Concello de Sandiás, que promove de xeito constante iniciativas lúdicas e educativas que favorecen o desenvolvemento e o benestar dos máis pequenos na comarca.

Fonte: sandias.es

Ver noticia completa
concello General sandiás
Tamén che pode interesar
“Verán de lecer consumo” no concello de sandiás
Concello de Sandiás “Verán de lecer consumo” no concello de sandiás
Trátase dun programa estacional da Xunta de Galicia, que desenvolve o Instituto Galego do Consumo e da Competencia durante o verán 2026. A campaña ten como obxectivo ocupar o tempo libre do verán dos rapazas e rapaces dun xeito lúdico e ao mesmo tempo instrutivo. Así, a través do concepto de lecer responsable, trabállanse diversas […] La entrada “Verán de lecer consumo” no concello de sandiás se publicó primero en Concello de Sandiás.
27 de julio de 2026 1 min lectura
‘Catro monos’ chega a Sandiás cun espectáculo cheo de humor, música e valores para toda a familia
Concello de Sandiás ‘Catro monos’ chega a Sandiás cun espectáculo cheo de humor, música e valores para toda a familia
O luns 10 de agosto, ás 11.00 horas, a Casa da Cultura de Sandiás converterase no escenario de ‘Catro monos’, o espectáculo infantil e familiar da compañía galega Tropa de Trapo, dentro da xira polos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade. A actividade está dirixida a todos os nenos e nenas do […] La entrada ‘Catro monos’ chega a Sandiás cun espectáculo cheo de humor, música e valores para toda a familia se publicó primero en Concello de Sandiás.
10 de agosto de 2026 1 min lectura
Galicia latexa en cada Concello
Concello de Sandiás Galicia latexa en cada Concello
Galicia tamén latexa no Concello de Sandiás A conmemoración do 25 de Xullo, DíadeGalicia aséntase sobre a realidade dos seus concellos. Baixo o lema «Galicia latexa en cada concello» reivindicamos o pulso real do noso país dende cada unha das aldeas do noso Concello. La entrada Galicia latexa en cada Concello se publicó primero en Concello de Sandiás.
25 de julio de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser