← Volver Concello de Sandiás

Sandiás conmemora o Día das Letras Galegas 2026 homenaxeando a Begoña Caamaño

Sandiás conmemora o Día das Letras Galegas 2026 homenaxeando a Begoña Caamaño

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Sandiás súmase á celebración do Día das Letras Galegas 2026, seguindo a proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Nesta edición, o homenaxe recae na escritora e xornalista Begoña Caamaño, destacada pola súa labor de reinterpretación feminista dos mitos clásicos en obras como Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle. Esta última obra conecta directamente coa tradición local a través da lenda da Lagoa de Antela e os mitos artúricos.

A programación cultural de Sandiás está deseñada para incluír a todo tipo de público, con especial atención á infancia, a música e a poesía. Un dos eixos centrais será a reflexión sobre os estereotipos de xénero e a promoción da amizade, inspirándose na filosofía da homenaxeada. Ademais, o programa inclúe un tributo á mirada de Ramón Otero Pedrayo sobre a paisaxe da Limia.

Programación de actividades

  • 13 de maio: Vixías da Antela (organizado por Furgoteca – PAI de Sandiás).
  • 15 de maio: Concerto “O son do ar” coa Orquestina Antela no Pai de Sandiás.
  • 21 de maio:
    • Conto-Coloquio “Bela Dormente… Esperta!” (reflexión sobre estereotipos de xénero).
    • “Restaurante para monstros: Descubrindo novos menús” (CEIP de Sandiás).
  • 23 de maio: Diálogo Poético Intercultural, un encontro de música e poesía entre Galicia e Venezuela.
  • 5 de xuño: Música e movemento en familia (danza e literatura para nenos eas).
  • 26 de xuño: Canticontos para crianzas e acto de graduación do PAI de Sandiás.
  • 19 de agosto: Actividade dedicada a Ramón Otero Pedrayo.
  • Maio a agosto: Programa da Biblioteca Móbil de Galicia, que visitará as 18 aldeas do concello con actividades de animación lectora.

Fonte: sandias.es

Ver noticia completa
concello General sandiás
Tamén che pode interesar
O gran camiño no aeu paso por Sandiás
Concello de Sandiás O gran camiño no aeu paso por Sandiás
A infraestrutura #loxística xa estivo montada por #ProtecciónCivil do Concello a quen lle agradecemos o seu traballo de #reunións e #presenza sobre o terreo. Unha #mañá #histórica do #deporte que soupo a pouco pero vivida con moita #emoción. Por parte da Agrupación de Protección Civil de Sandiás, #agradecer a toda a #comunidade a súa #colaboración. […] La entrada O gran camiño no aeu paso por Sandiás se publicó primero en Concello de Sandiás.
17 de abril de 2026 1 min lectura
Hoxe, día 16 de Abril , mantivemos unha #reunión na Agrupación de #ProtecciónCivil de Sandiás para #concretar e ultimar os detalles da #carreira O #GranCamiño, que terá lugar mañá, día 17,venres, ao seu #paso polo Concello de #Sandiás
Concello de Sandiás Hoxe, día 16 de Abril , mantivemos unha #reunión na Agrupación de #ProtecciónCivil de Sandiás para #concretar e ultimar os detalles da #carreira O #GranCamiño, que terá lugar mañá, día 17,venres, ao seu #paso polo Concello de #Sandiás
La entrada Hoxe, día 16 de Abril , mantivemos unha #reunión na Agrupación de #ProtecciónCivil de Sandiás para #concretar e ultimar os detalles da #carreira O #GranCamiño, que terá lugar mañá, día 17,venres, ao seu #paso polo Concello de #Sandiás se publicó primero en Concello de Sandiás.
17 de abril de 2026 1 min lectura