← Volver Dende A Limia

Volve a sair a concesión do albergue de Bande

Volve a sair a concesión do albergue de Bande

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O 22 de xullo remata o prazo para a presentación de ofertas para a xestión do albergue municipal de Bande.
O Concello de Bande mantén aberta, o ata o 22 de xullo, a contratación para o arrendamento do albergue turístico municipal, ao terse declarada deserta a licitación convocada en maio de 2024.
O prezo base de licitación é de 1.200€/anuais. As proposicións dos/as interesados/as deberán axustarse aos pregos e documentación que rexen a licitación. Valoraranse os servizos que se ofertarán como a ampliación do período mínimo de apertura establecido, servizo comedor, menús adaptados, alugamento bicicletas ou o programa de actividades complementarias.
O albergue está localizado na capitalidade municipal. Conta cun total de 68 prazas distribuídas en catro habitacións con liteiras e nove cuartos dobres con baño propio. O albergue consta dunha recepción, consigna, lavandería e cociña. O recinto conta cunha ampla zona de aparcadoiro nas inmediacións.
O albergue é unha das mellores opcións de aloxamento, pola variedade de cuartos e equipamento, para as persoas que se acercan a descubrir os encantos do parque natural Baixa Limia – Serra do Xurés, así mesmo para os/as peregrinos/as que percorren o Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa.
A escasa distancia do albergue localízanse algúns dos principais focos de atracción turística da comarca: o xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis, coas súas augas termais, ou a igrexa de Santa Comba 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
O Antela supera ao Betanzos e avanza na pelexa
Dende A Limia O Antela supera ao Betanzos e avanza na pelexa
O Antela logrou unha vitoria decisiva ante o Betanzos no estadio García Hermanos, un resultado que lle permite avanzar na competición grazas a unha estratexia táctica eficiente e ao protagonismo de pezas clave. Estratexia e desenvolvemento do partido A clave do triunfo residiu na xestión táctica do adestrador Bruno Gómez, quen introduciu a Couto no medio campo para neutralizar o xogo do rival e ofrecer soporte á liña defensiva composta por Boán e Constela. O equipo limiano apostou por un model…
8 de junio de 2026 1 min lectura
Concerto Grao Elemental e Graduación de 4º de G.E  (Galeria de Fotos)
Dende A Limia Concerto Grao Elemental e Graduación de 4º de G.E (Galeria de Fotos)
Dado que o texto proporcionado é moi breve (unha simple manchete), o resumo detállase baseándose na información dispoñible: Concerto e Graduación do Grao Elemental Celebrouse o concerto do Grao Elemental e o acto de graduación dos alumnos de 4º de Grao Elemental. O evento, que marca a culminación desta etapa formativa para os estudantes, quedou rexistrado nunha galería de fotografías.
12 de junio de 2026 1 min lectura
Víctor Fernández Freixanes agasallado co Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025
Dende A Limia Víctor Fernández Freixanes agasallado co Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025
No xardín da Casa Parroquial de Xinzo, celebrouse a entrega do Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025 á figura de Víctor Fernández Freixanes. O evento, que reuniu a autoridades e amigos, serviu para recoñecer a traxectoria do escritor, editor e expresidente da Real Academia Galega. Homenaxe á labor de Freixanes Durante o acto, María López Sández pronunciou unha laudatio onde destacou a filosofía de Freixanes de "comunicar para crear comunidade". Resaltou o seu impacto multidisciplinar na cul…
30 de mayo de 2026 2 min lectura