← Volver Dende A Limia

«As novas festas de Sta. Mariña» foron presentadas esta mañá

«As novas festas de Sta. Mariña» foron presentadas esta mañá

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Esta mañá o alcalde Amador Díaz estivo acompañado na presentación do programa das festas 2024 polo concelleiro de festexos, Ricardo Sieiro, o de cultura Carlos Gómez, o director da escola de Gaitas Fernando Dopico e o promotor do Xinzo Urban Fest Adrian de Xplicit..
Varias son as novidades que presentaron. A primeira foi a presentación do libro das festas cos saúdas correspondentes, como todo libro de festas ten que ter, ademais do programa íntegro. O libro comezará a repartirse este fin de semana.

Outra das novidades son as actuacións de dúas orquestras do TOP galego, Combo Dominicano e Tango. Tamén neste apartado hai cambios de ubicación. A orquesta Combo terá o seu escenario na entrada a Xinzo a altura do Pombal. A da outra orquestra está por determinar.
FESTIVAL DE BANDAS DE GAITAS
Outra das novidades deste ano e a volta do Festival de Bandas de Gaitas, esta vez na súa 6ª edición coa presenza das bandas A e B de Xinzo, así como a de Candás, Trasmiras e toxo Queimado. Este ano o festival será en homenaxe a Rubén Seoane.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Resumo de resultados deportivos
Dende A Limia Resumo de resultados deportivos
Veteráns O partido do equipo de veteráns masculino contra Vila de Meire foi suspendido debido á alerta de tormentas que afectou a zona de Lugo. A pesar da suspensión, o equipo mantense en liza, restándolle dous xogos e a final de copa, para a que xa está clasificado. Cadetes As cadetes femininas (2011) tiven resultados mixtos este fin de semana: perderon o venres en Allariz, pero lograron a vitoria o domingo ante Depordima. Infantís Femininas 2012: Derrota ante Carmelitas, o que supón a súa…
27 de mayo de 2026 1 min lectura
Nova campaña de descontos mediante aplicación móbil
Dende A Limia Nova campaña de descontos mediante aplicación móbil
Un novo sistema de descontos para establecementos comerciais permite aos clientes obter reducións nas súas compras mediante o uso dunha aplicación móbil. O programa funciona mediante bonos que se van consumindo de acordo co valor de cada compra realizada. Procedemento de participación Para acceder aos beneficios, os usuarios deben seguir estes pasos: Rexistrarse a través da aplicación móbil ou da páxina web. Validar a rexistración mediante un código recibido por SMS. Activar e descargar o b…
26 de mayo de 2026 1 min lectura
Lanzamento dos campamentos de verán "Ourense Explora" e "Music Camp"
Dende A Limia Lanzamento dos campamentos de verán "Ourense Explora" e "Music Camp"
A Deputación de Ourense presentou a nova edición de dous dos seus clásicos campamentos de verán, que se desenvolverán no Complexo Turístico de O Corgo (Muíños), nun enclave próximo á praia fluvial das Conchas. No acto de presentación participaron representantes da Deputación e das entidades organizadoras de cada proxecto. Ourense Explora Este proxecto, organizado por Sustinea en colaboración coa Deputación, ten un enfoque lúdico e educativo, combinando actividades de natureza, deportes, xogos …
3 de junio de 2026 2 min lectura