← Volver Dende A Limia

Volta o Festival Internacional de Bandas de Gaitas «Vila de Xinzo», cunha homenaxe especial a Rúben Seoane

Volta o Festival Internacional de Bandas de Gaitas «Vila de Xinzo», cunha homenaxe especial a Rúben Seoane

Fotografía de arquivo. A Limia News.

As Festas da Santa Mariña traen de volta o Festival Internacional de Bandas de Gaitas. Os actos terán lugar na tarde/noite do sábado 20 dentro do programa das festas de Xinzo.
Esta 6ª edición estará adicada a figura de Rubén Seone Rodríguez, recentemente falecido, gaiteiro da banda de Xinzo e músico do grupo Habitación Vudú. Como mostra de cariño a súa imaxe presidirá o cartel.

Ahí que falar co concello para alternar un año o certamen de bandas de gaitas e otro año o festival, pero inda está por decidir
Fernando Dopico quere resaltar que: «Rubén é merecedor desta homenaxe e moitas mais cousas. O recordo e o cariño que lle temos a Banda de Gaitas e a Escola de Xinzo e os seus compañeiros, onde el se formou dende neno e na que tocou durante moitos anos.»
Este ano a novidade estará no peche do Festival, onde o último tema correrá a cargo da banda titular de Xinzo, os que se lle sumarán antigos compoñentes da banda da época de Rubén e xente doutras formacións, incluídos os compoñentes de Habitación Vudú. Onde tocarán «Tigre Xoán», un tema que el gravou co baixo eléctrico. Para a apertura, como xa é tradición, a Banda B dará comezo o Festival. O resto de agrupacións invitadas actuarán no medio destas.
As bandas invitadas serán: a Banda de Gaitas de Candás, o sexteto Toxo Queimado de Baleira (Lugo), a Banda de Trasmiras e por suposto as Bandas Xinzo A e B
«Ainda que o presuposto é limitado, o obxectivo é que as bandas que veñan se sintan ben acollidas e tratadas a nivel de aloxamento, a nivel de comida e a nivel da exibición. Non é un festival moi ambicioso pero hai que adaptarse.» comenta Dopico.
O sábado 20, sobre as 18:00 h, pendente de confirmar, haberá un pequeno desfile que dará posterior inicio o Festival, que comenzará sobre as 19:00/ 19:30 ata as 21:00 h. E o domingo ao mediodía as Bandas Candás e Toxo Queimado farán un pasarruas.
O xoves 18, o día de Santa Mariña, o coro Aimil vai actuar facendo animación polas rúas, entre as 20:00 e 22:00 h, cantando.
E a Banda titular na primeira semana de Agosto, o xoves día 1 arrancan para Xixón, ao Festival «Villa de Gijón», despois diso descansaran ata principios de Setembro.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Víctor Fernández Freixanes agasallado co Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025
Dende A Limia Víctor Fernández Freixanes agasallado co Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025
No xardín da Casa Parroquial de Xinzo, celebrouse a entrega do Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025 á figura de Víctor Fernández Freixanes. O evento, que reuniu a autoridades e amigos, serviu para recoñecer a traxectoria do escritor, editor e expresidente da Real Academia Galega. Homenaxe á labor de Freixanes Durante o acto, María López Sández pronunciou unha laudatio onde destacou a filosofía de Freixanes de "comunicar para crear comunidade". Resaltou o seu impacto multidisciplinar na cul…
30 de mayo de 2026 2 min lectura
Reflexión sobre o protagonismo da enfermidade e o caso de A Filgueira
Dende A Limia Reflexión sobre o protagonismo da enfermidade e o caso de A Filgueira
O texto analiza o comportamento de certas persoas que parecen gozar da súa mala saúde, utilizando as súas dolencias como unha ferramenta de competición social. O autor observa que existe un grupo de individuos que, en lugar de padecer as súas enfermidades de forma discreta, buscan captar a atención estexando os seus síntomas e minimizando os problemas de saúde dos demais para potenciar os seus propios. A través de varias anécdotas cotidianas —como encontros en cafés ou visitas a enfermos en hos…
19 de junio de 2026 1 min lectura
Celebración do XIV Abrazo ao Río Limia
Dende A Limia Celebración do XIV Abrazo ao Río Limia
A Praza Maior acolleu unha actuación do Rancho Folclórico da Ribeira de Ponte de Lima, un evento que serviu como preludio para celebrar a amizade entre Galicia e Portugal. Esta celebración forma parte do XIV Abrazo ao Río Limia, cuxo acto central terá lugar o vindeiro martes pola mañá. Neste encontro, máis de mil escolares galegos e portugueses protagonizarán o tradicional abrazo simbólico nas beiras do río.
15 de junio de 2026 1 min lectura