← Volver Dende A Limia

Bande presentou o seu programa do verán 2024

Bande presentou o seu programa do verán 2024

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Onte a mañá, a alcaldesa,Sandra Quintas Vázquez, acompañada do tenente alcalde, Óscar Cofán Sabas, deron a coñecer o externso e variado programa de actividades «Quero Bande. Cultura e Deporte 2024», deseñado para ofrecer opcións de lecer para todos os públicos.

Un amplo programa cultural e deportivo no que se consolidan actividades como a XVI andaina ou as xornadas internacionais de folclore e se dá cabida a novos proxectos como o campus de fútbol ou a II festa gastronómica, que o ano pasado reuniu a preto de 500 veciñ@s.
As visitas teatralizadas ao complexo arqueolóxico de Aquis Querquennis, igrexa visigótica de Santa Comba e ao casco histórico de Bande permitirán aos visitantes coñecer a historia dunha maneira máis amena.
Bande presenta unha programación que invita a tod@s, residentes e visitantes, a participar e disfrutar da súa oferta cultural e deportiva.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Municípios galegos e a Fundación Finnova adhírense ao Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal
Dende A Limia Municípios galegos e a Fundación Finnova adhírense ao Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal
No marco do encontro internacional Rural University Hub, celebrado en San Xoán de Río, as alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río, xunto á Fundación Finnova, asinaron a adhesión ao Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal. Esta iniciativa, que ten súa orixe en Ibagué (Colombia), busca promover a economía circular como un motor para xerar oportunidades económicas, protexer o medio ambiente e fortalecer a cohesión social nos territorios rurais. O acordo pretende situ…
9 de junio de 2026 2 min lectura
Accidente de tráfico en Sandiás: un camión de animais envorca na N-525
Dende A Limia Accidente de tráfico en Sandiás: un camión de animais envorca na N-525
Hoxe, arredor das 8:43 h, un camión que transportaba porcos envorcou no quilómetro 206.600 da estrada N-525, no concello de Sandiás, concretamente á altura do Restaurante Novaiño. Como consecuencia do sinistro, a carga de animais quedou solta sobre a via. Para xestionar a situación e recoller aos porcos, desprazaronse ao lugar os Bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Conservación de Estradas. Impacto: Non se rexistraron feridos no accidente.
3 de junio de 2026 1 min lectura
Peche da campaña de promoción da IXP Pataca de Galicia 2025-2026
Dende A Limia Peche da campaña de promoción da IXP Pataca de Galicia 2025-2026
A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia finalizou a súa campaña nacional de promoción 2025-2026 cun acto de peche e sorteo de premios celebrado na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense. O evento contou co protagonismo de José Manuel Gómez Gómez (presidente da IXP), Martín Alemparte Vidal (director de AGACAL) e Manuel Pardo Cid (delegado territorial da Xunta en Ourense). Impacto e resultados da campaña A iniciativa, que se desenvolveu entre decembro de 2025 e a…
16 de junio de 2026 2 min lectura