← Volver Dende A Limia

A Deputación reparte 128.000 para o concello e entidades de Xinzo

A Deputación reparte 128.000 para o concello e entidades de Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de movilizar un total de 780.009,82 euros en diversas axudas para municipios, entidades e organismos de diferentes ámbitos de toda a provincia. Na sesión de hoxe, abriuse unha nova vía de colaboración institucional no eido educativo e de conciliación familiar.
Así, aprobáronse as bases bases reguladoras da convocatoria do concurso público para a concesión de axudas a asociación e nais e pais de alumnado (Anpas), dotadas cun orzamento de 50.000 euros e cunha contía máxima de 2.000 euros por beneficiario. O prazo improrrogable de presentación iniciarase a partir da publicación da convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións, e rematará o 14 de agosto de 2024, sendo este o derradeiro día no que poderán presentarse validamente as solicitudes.
No eido empresarial, aprobouse unha achega de 45.000 euros para a Confederación Empresarial de Ourense (CEO), destinada ao Programa Reactiva Ourense +Emprego correspondente ao ano 2024.
No que atinxe aos concellos, o de Bande percibirá 12.000 euros para “Xurés Experience”; o de Castrelo de Miño recibirá 11.000 euros para limpeza e mantemento de instalacións municipais; para redacción de proxectos técnicos, o Concello de Castrelo do Val obtén 11.012,82 euros. O Concello de Xinzo de Limia percibirá, por unha banda, 15.000 euros para o Certame Celtibérico. Tamén obterá 40.000 euros para gastos de funcionamento do Conservatorio de Música e 4.000 euros para mantemento dos campos de fútbol.
Para reparación de diversos viais en Outomuro, Xinzo de Teixugueiras, Gueral de Riba, Seara e Os Cubanos, ao Concello de Cartelle concédenselle 40.000 euros; 50.000 euros é a cantidade que obtén o Concello de Montederramo para o cofinanciamento de pavimentación e accesos a núcleos rurais. Para a mellora da eficiencia enerxética en Pedraio, Penedo e Campamento, o Concello de Pereiro de Aguiar recibe 20.000 euros. Unha axuda de 23.100 euros servirá para que o Concello de Vilar de Santos poida acometer o proxecto da mellora de camiños en zonas de concentración parcelaria.
Outras entidades
No que atinxe a outras entidades, a Deputación concédelle ao Club Ourense Atletismo 15.000 euros para gastos de funcionamento, así como 6.000 euros ao Antela Club de Fútbol para o mesmo concepto.
A Asociación de Agrupación de Voluntarios de Protección Civil percibirá 15.000 euros para a xornada de convivencia deste colectivo. A Asociación de Empresarios Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL) obteñen 47.939,50 euros para gastos de funcionamento desta entidade. Pola súa banda, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) recibe 50.000 euros para gastos de funcionamento e programas de inserción laboral.
Por último, Baile Danzón percibe 9.857,50 para gastos de funcionamento da súa gala benéfica.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
María Carmen Gómez García gaña o III Certame Literario Antón Tovar
Dende A Limia María Carmen Gómez García gaña o III Certame Literario Antón Tovar
Ontem á tarde celebrouse no Museo Etnográfico da Limia, no concello de Vilar de Santos, a entrega do premio do III Certame Literario Antón Tovar. A gañadora desta edición foi María Carmen Gómez García, quen desenvolveu a súa carreira como profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Lagoa de Antela durante máis de tres décadas. O poema premiado reflicte a longa paixón da autora pola lingua e a cultura galega. O acto de entrega contou co acompañamento musical do Grupo Trovare e a lectura dun p…
21 de junio de 2026 1 min lectura
O Goberno galego reforza o funcionamento das Agrupacións de Protección Civil mediante axudas directas
Dende A Limia O Goberno galego reforza o funcionamento das Agrupacións de Protección Civil mediante axudas directas
O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, acompañado polo alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas, visitou a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Sarreaus. Esta visita enmárcase na entrega de axudas destinadas a cubrir os gastos de funcionamento das AVPC en concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de concellos. Detalles da axuda financeira A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destinou un orzamento de 370.000 euros para esta liña de…
8 de junio de 2026 2 min lectura
Presentación do Circuíto Basket 3x3 da Deputación de Ourense
Dende A Limia Presentación do Circuíto Basket 3x3 da Deputación de Ourense
A Deputación de Ourense, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, presentou o novo Circuíto Basket 3x3. Esta iniciativa, que forma parte do Programa de Fomento Deportivo 2026, busca promover hábitos de vida saudables e acercar esta modalidade olímpica a toda a cidadanía mediante un formato dinámico e accesible. O presidente da institución, Luis Menor, destacou o carácter integrador e a capacidade de este deporte para dinamizar a vida social e chegar a todos os recunchos da provincia…
9 de junio de 2026 2 min lectura