← Volver Dende A Limia

Obradoiro sobre consumo para rapaces de Sandiás

Obradoiro sobre consumo para rapaces de Sandiás

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Animado de maneira moi dinámica e cercana por Belén comezou a actividade coa 1ª sesión: 10.30 h- 11.30 h. XOGUETEANDO: UN LECER DIFERENTE.  Participaron os nenos e nenas máis pequenos do PAI e do Ceip. Nun primeiro momento  Belén narrounos  un conto animado (As vacacións de Antía e Xan) para promover un consumo responsable e un lecer activo, traballando ademáis os xoguetes seguros e sen rochas. Na segunda parte realizouse a  fabricación polos nenos e meniñas dunha volvoreta con cartolina, pinza de madeira e palletas de aspirar liquidos, presente no conto e que levaron para a súa casa. A mensaxe transmitida era que con cousas feitas a man e non necesariamente compradas podemos gozar do noso tempo de lecer.

A segunda 2ª sesión: 11.30 h- 12.30 h. A XINCANA DO CONSUMO RESPONSABLE estaba dedicada aos máis maiores. Realizouse unha xincana onde varios grupos tiñan que superar diferentes probas nas que traballaban cuestións relacionadas co consumo responsable. Tamén traballaron a través dun xogo de probas as 3R (reciclar, reducir, reutilizar) e o contido dos envases para o lixo así como os puntos limpos. Finalizaron o obradoiro cun xogo de puntos en torno ao descubrimento de palabras a partir dunha descrición.
Entre unha sesión e a outra os máis maiores celebraron os aniversarios da súa compañeira Aroa cun expléndido almorzo. En definitiva, unha intensa  e divertida mañá en aprendizaxes para a vida.
A actividade encádrase no programa da Xunta de Galicia, que desenvolve o Instituto Galego do Consumo e da Competencia durante o verán 2024. A campaña ten como obxectivo ocupar o tempo libre do verán dos rapazas e rapaces dun xeito lúdico e ao mesmo tempo instrutivo. Así, a través do concepto de lecer responsable, trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo responsable.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
II Obradoiro “Límites con Corazón” en Sandiás
Dende A Limia II Obradoiro “Límites con Corazón” en Sandiás
O pasado 12 de xuño, a Casa da Cultura de Sandiás foi a sede do II Obradoiro “Límites con Corazón”, unha actividade destinada ás familias para reflexionar sobre a educación infantil e a importancia de establecer normas de maneira consciente. A sesión contou coa participación da experta Reme Cid, quen desenvolveu a sesión cun enfoque centrado en desmitificar a idea de que poñer límites implica dureza ou distanciamento. O obxectivo principal foi demostrar que os límites, aplicados con afecto, res…
17 de junio de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense entrega 25 distintivos de calidade SICTED no marco de "Ourense Termal"
Dende A Limia A Deputación de Ourense entrega 25 distintivos de calidade SICTED no marco de "Ourense Termal"
A Deputación de Ourense reafirmou o seu compromiso co turismo de excelencia mediante a entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) a 25 servizos turísticos da provincia. O acto celebrouse no Parque Municipal do Carballiño e foi presidido polo presidente provincial, Luis Menor, xunto a autoridades da Xunta de Galicia, a Subdelegación do Goberno e o concello do Carballiño. Estratexia de Sustentabilidade Esta entrega forma parte do Plan de Suste…
16 de junio de 2026 2 min lectura
Resumo de resultados deportivos
Dende A Limia Resumo de resultados deportivos
Veteráns O partido do equipo de veteráns masculino contra Vila de Meire foi suspendido debido á alerta de tormentas que afectou a zona de Lugo. A pesar da suspensión, o equipo mantense en liza, restándolle dous xogos e a final de copa, para a que xa está clasificado. Cadetes As cadetes femininas (2011) tiven resultados mixtos este fin de semana: perderon o venres en Allariz, pero lograron a vitoria o domingo ante Depordima. Infantís Femininas 2012: Derrota ante Carmelitas, o que supón a súa…
27 de mayo de 2026 1 min lectura