← Volver Dende A Limia

A Xove Orquestra Ourensanía leva as súas «Emocións Sonoras» a Xinzo, Ourense e Ribadavia

A Xove Orquestra Ourensanía leva as súas «Emocións Sonoras» a Xinzo, Ourense e Ribadavia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Xove Orquestra Ourensanía, que integra a 60 membros e conta co apoio da Deputación, levará as súas «Emocions sonoras» aos municipios de Xinzo, Ourense e Ribadavia.

O Centro Cultural da Deputación de Ourense albergou esta mañá a presentación desta programación cultural e musical, coa presenza do vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, «unha mostra máis do apoio da Deputación á Cultura en maiúsculas, cunha orquestra caracterizada pola súa excelencia».
Na presentación participou tamén o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; o concelleiro de Cultura deste concello, Carlos Gómez; o presidente da agrupación musical da Limia, Jaime Collazo; e o director da orquestra, José Luis Tielas.
Esta programación musical, «Emocións Sonoras», baseadas no amor -«unha mirada ás experiencias do corazón»-, desenvolverase o 4 de xullo na igrexa de Santa Mariña de Xinzo da Limia; o 5 de xullo na igrexa de Santa Eufemia de Ourense; e o 6 de xullo na igrexa de San Domingos de Ribadavia. Todos os concertos serán ás 20.30 horas.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
Dende A Limia Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia inicia este venres un programa cultural para conmemorar o aniversario da toma do transatlántico Santa María en 1961. Este suceso histórico foi unha acción de resistencia antifascista liderada polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) e ideada polo intelectual galego Xosé Velo. A programación destaca as seguintes actividades: Exposición “Love Velo”: Unha mostra fotográfica e documental dedicada á figura de Xosé Velo, que poderá visitars…
10 de junio de 2026 1 min lectura