← Volver Dende A Limia

Fin dos talleres de estimulación cognitiva en Sandiás

Fin dos talleres de estimulación cognitiva en Sandiás

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O pasado Venres, 14 de Xuño finalizou o obradoiro que a Asociación de Alzheimer de Ourense (AFAOR) e a Concellería de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, executaron e patrocinaron respectivamente destinado a persoas maiores válidas e/ou con deterioro cognitivo leve, con carácter gratuito ao longo do ano 2024.
O primeiro obradoiro comezou o 5 de Abril ás 16.30 h da tarde e o último finalizou o 14 de Xuño de 2024 cunha duración de tres meses. Dez sesións ao longo do mes de abril, maio e xuño compartindo e traballando
Participaron un total de 20 veciñ@s das aldeas de Piñeira de Arcos, Arcos, Vilariño das Poldras, Lavandeira, Santana, Novaiño, Sandiás, Couso de Limia, As Pegas, Cardeita… Houbo unha merenda de despedida e os participantes entregáronlle a Mayara un agasallo como mostra de agradecemento pola súa dedicación e ensino co corazón. Mayara tamén tivo o detalle de entregar un agasallo personalizado a cada un dos participantes gravando a palabra que segundo ela define a cada un/unha. Todos esperan con ganas ou próximo ano.

A animadora especialista que desenvolveu o temario do obradoiro foi Mayara Estevam, educadora social. Os obxectivos do obradoiro foron en liña de traballar o embexecemento activo. As sesións duran unha hora e media e trabállase persoalmente e en equipo. Tratouse de poñer o cerebro á súa máxima funcionalidade e traballar as capacidades mentais como o cálculo, o razoamento, a memoria, e a atención para mellorar as mesmas”. Entre os tipos de actividades que se realizaron destacan a estimulación cognitiva, actividades de psicomotricidade, cálculo, razoamento, percepción, atención, memoria e interactividade con dinámicas grupais, comunicación e interacción entre as persoas”.
O Concello de Sandiás agradece a AFAOR e en particular a Mayaara a súas ensinanzas e facer pasar uns maravillosos momentos xuntos.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Accidente de tráfico en Sandiás: un camión de animais envorca na N-525
Dende A Limia Accidente de tráfico en Sandiás: un camión de animais envorca na N-525
Hoxe, arredor das 8:43 h, un camión que transportaba porcos envorcou no quilómetro 206.600 da estrada N-525, no concello de Sandiás, concretamente á altura do Restaurante Novaiño. Como consecuencia do sinistro, a carga de animais quedou solta sobre a via. Para xestionar a situación e recoller aos porcos, desprazaronse ao lugar os Bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Conservación de Estradas. Impacto: Non se rexistraron feridos no accidente.
3 de junio de 2026 1 min lectura
Fase final das obras de remodelación nas avenidas de Ourense e Madrid
Dende A Limia Fase final das obras de remodelación nas avenidas de Ourense e Madrid
As obras de intervención nas avenidas de Ourense e de Madrid están a entrar nunha etapa decisiva, estimándose que en aproximadamente dúas semanas as infraestruturas estean totalmente rematadas e listas para o seu uso. Recentemente, os traballos concentráronse no tramo elevado situado na curva da Praza Maior, onde se procedeu ao debuxado do asfalto e á sinalización final. Para garantir a calidade do acabado, o persoal técnico realizou o traballo de calentamento da capa asfáltica para a aplic…
4 de junio de 2026 1 min lectura
Panorama político de cara ás próximas eleccións municipais
Dende A Limia Panorama político de cara ás próximas eleccións municipais
De cara ás próximas eleccións municipais, o escenario político local presenta unha grande incertiditude respecto á definición dos candidatos para cada formación. A situación actual caracterizaza a un grupo de "partidos en busca de candidatos e candidatos en busca de partido", onde a maioría das corporacións municipais debaten sobre quen será o seu cabeza de cartel. Situación por formacións: BNG: É a formación que aparenta ter máis definición, ante a probable repetición do seu actual cabeza de …
30 de mayo de 2026 2 min lectura