← Volver Dende A Limia

Xinzo está de Campus

Xinzo está de Campus

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Tanto o A.B. Xinzo como as E.D.C  Xinzo teñen comezaron onte os seus respectivos Campus para a base para nenos e nenas nados entre o 2011 e o 18.  Como soe ser habitual os que escolleron o fútbol solen ser un número superior. Neste caso 67 contra un medio cento que se decantaron polo Basket.

En horario de mañá de 10 a 13:30, uns despiden a temporada para voltar no mes de setembro e outros veñen a ver «de que vai isto» do fútbol e do basket.
As sedes dos dous campos son os campos da Moreira, tanto o artificial como o de herba e o Pavillón de Deportes da Vila.

Todos contan con monitores e adestradores que intentan transmitir, sobre todo os hábitos de facer deporte dende os primeiros anos.
Pero como todo deporte necesita acollida de enerxía, no momento das nosas instantáneas os e as do campus de basket estaban no momento de repoñer forzas, e por que non socializar un rato.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Ángeles Vázquez pon en valor o traballo dos axentes ambientais como garantes de que os Parques Naturais de Galicia sexan espazos vivos, protexidos e respectados.
Dende A Limia Ángeles Vázquez pon en valor o traballo dos axentes ambientais como garantes de que os Parques Naturais de Galicia sexan espazos vivos, protexidos e respectados.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo en valor o traballo dos axentes ambientais como garantes de que os parques naturais galegos sexan espazos vivos, protexidos e respectados.Así o defendeu esta mañá, en Muíños, na xornada de convivencia que, como cada ano por estas datas, organiza o seu departamento entre os traballadores dos seis parques naturais galegos —Fragas do Eume; Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; Monte Aloia; O Invernadeiro; Serra da Enciña da…
22 de mayo de 2026 4 min lectura
Bendito «colapso» en Xinzo
Dende A Limia Bendito «colapso» en Xinzo
Seguen as obras de asfaltado da arteria principal de Xinzo, onde as máquinas e os camións non paran, para rematar, como estaba programado a primeira parte correspondente ao centro neurálxico da vila, no tocante ao asfaltado e aglomerado en quente. Paree que o tempo vai axudar a que o domingo pola mañá a imaxe da arteria principal da vila teña outro aspecto mais axeitado ao século 21.
15 de mayo de 2026 1 min lectura
Nova campaña de descontos mediante aplicación móbil
Dende A Limia Nova campaña de descontos mediante aplicación móbil
Un novo sistema de descontos para establecementos comerciais permite aos clientes obter reducións nas súas compras mediante o uso dunha aplicación móbil. O programa funciona mediante bonos que se van consumindo de acordo co valor de cada compra realizada. Procedemento de participación Para acceder aos beneficios, os usuarios deben seguir estes pasos: Rexistrarse a través da aplicación móbil ou da páxina web. Validar a rexistración mediante un código recibido por SMS. Activar e descargar o b…
26 de mayo de 2026 1 min lectura