← Volver Dende A Limia

As olimpiadas entre pobos da Limia XA ESTÁN EIQUÍ!

As olimpiadas entre pobos da Limia XA ESTÁN EIQUÍ!

Fotografía de arquivo. A Limia News.

As Olimpiadas Rurais da Limia volven un ano máis. 
É a terceira edición dun evento organizado polas rapazas e rapaces do Colectivo Ras, coa colaboración con clubes e entidades sociais da comarca convidan a reunirse nunha xornada vibrante chea de risas, deporte e agarimo a todas as veciñas e veciños da vila de Xinzo así coma de todas as aldeas da comarca da Limia.
Como vén sendo xa costume, as Olimpiadas celebráranse previsiblemente na alameda do Toural, ao longo do río Limia, o día 7 de setembro. A xornada durará todo o día, dende a mañá ata o fin do serán, recollendo probas de todo tipo con lanzamentos, carreiras, relevos, tamén habberá música, premios, petiscos e algunha sorpresa que outra…

Forma o teu equipo e ven a desfrutar dun día inesquecible!

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Xosé Merelles destaca a importancia da marca Galicia e a inversión en promoción turística
Dende A Limia Xosé Merelles destaca a importancia da marca Galicia e a inversión en promoción turística
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na inauguración do II Taller de Cooperación Turística Internacional de Asicotur. Este encontro reúne a profesionais do sector para debater sobre a cooperación internacional e o uso da imaxe e a promoción como ferramentas para deseñar destinos turísticos competitivos. Durante a súa intervención, Merelles resaltou o impacto da marca Galicia Calidade nas contornas internacionais, definiéndoa como un paraugas de identidade que engloba a ex…
27 de mayo de 2026 2 min lectura
Primeira Feira da Ciencia no CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei
Dende A Limia Primeira Feira da Ciencia no CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei
O CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei celebraron a súa primeira Feira da Ciencia, un evento que serviu para amosar os resultados do traballo realizado polo Club de Ciencias ao longo do curso escolar. A iniciativa foi impulsada polo profesor Manuel Lamoso, que promoveu unha metodoloxía baseada na experimentación e na aprendizaxe práctica. Durante o ano, o alumnado de ambos os centros participou semanalmente en actividades científicas organizadas en equipos de diferentes cores (vermello, amar…
2 de junio de 2026 1 min lectura
A Xunta impulsa a acción climática nos municipios galegos con axudas para espazos verdes
Dende A Limia A Xunta impulsa a acción climática nos municipios galegos con axudas para espazos verdes
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, destacou o compromiso da provincia de Ourense coa acción climática tras a resolución da liña de axudas da Xunta para o impulso de espazos verdes e a adaptación fronte ao cambio climático en ámbitos urbanos e periurbanos. Distribución e datos finances A convocatoria conta cun orzamento global de 1,4 millóns de euros, dos cales o 42% (preto de 600.000 euros) destínase a 10 concellos ourensáns que acometerán 11 proxectos. Ourens…
15 de mayo de 2026 2 min lectura