← Volver La Región

A comarca da Limia pide o Día das Letras para Antón Tovar

A comarca da Limia pide o Día das Letras para Antón Tovar

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Museo da Limia, no concello de Vilar de Santos,  acolleu onte o acto de entrega do premio do certame literario Antón Tovar a Valeria Gutiérrez Caneda, pola obra “Tanto camiñei, camiñei tanto”. O certame, promovido polo Padroado do Museo da Limia co patrocinio do Grupo Tesal (Termas de Monçao), pretende ser unha nova chamada á sociedade galega para que valore o extraordinario legado creativo do autor ourensán.
No acto, que incluíu  un recital de poemas de Antón Tovar representado polos nenos do colexio Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, e musica da man de Anxo Rei. Asemade, deuse lectura a declaración institucional adoptada hai uns días polo Padroado do Museo da Limia reiterando a Real Academia Galega a petición de que se lle adique a Antón Tovar, do que hoxe conmemórase o 20 aniversario do seu pasamento, o Día das Letras de 2025. “É de xustiza que Antón Tovar obteña o recoñecemento do Día das Letras Galegas”, dixo Delfín Caseiro, presidente do padroado, subliñando que o acordo xa se remitiu a Real Academia Galega. Hai un ano, unha representación do padroado fixo entrega na Real Academia Galega dun expediente completo dos textos e artigos de Tovar, así como de 350 sinaturas de personalidades, representantes institucionais e de asociacións apoiando o recoñecemento. “Daquelas non se acadou, a ver se pode ser para o ano que vén, no 21 aniversario”, dixo Caseiro.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
La Región Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
A asociación Civitas Limicorum celebrou a terceira edición do evento "Vestales" en Xinzo de Limia, unha iniciativa que busca recuperar a conexión histórica da zona de A Limia co Imperio Romano. Este certame complementa a Festa do Esquecemento, que aspira a converterse nunha cita de Interés Turístico. O evento contou coa participación de diversos grupos de recreación histórica de toda España, desenvolvendo unha programación centrada na figura das sacerdotisas de Vesta e o simbolismo do lume sagr…
31 de mayo de 2026 2 min lectura
Xinzo de Limia e Ponte de Lima celebran a XIV edición do "Abrazo ao Río Limia"
La Región Xinzo de Limia e Ponte de Lima celebran a XIV edición do "Abrazo ao Río Limia"
Os días 15 e 16 de xuño de 2026, Xinzo de Limia e a vila portuguesa de Ponte de Lima celebrarán a XIV edición do "Abrazo ao Río Limia". Esta iniciativa, promovida pola Concellería de Educación e Cultura de Xinzo, ten como obxectivo reforzar os vínculos históricos, culturais e humanos entre ambas pobloacións. O encontro reunirá a máis de mil alumnos de diversos centros educativos, entre os que se inclúen os CEIP Rosalía de Castro, Carlos Casares, Carlos Cid Arregui, dos Blancos, Sandiás e Sarrea…
11 de junio de 2026 2 min lectura
Preparativos para a XXVI Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia
La Región Preparativos para a XXVI Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia
A asociación Civitas Limicorum xa traballa na organización da XXVI Festa do Esquecemento, que se celebrará os días 21, 22 e 23 de agosto en Xinzo de Limia. Durante a súa primeira asamblea de socios deste ano, o presidente da entidade, Marcos Argibay, destacou o crecemento do colectivo, que xa conta con preto de 700 asociados. Esta edición marcará un récord de participación cun total de 54 grupos. Un dos obxectivos centrais da organización é fomentar a integración da comunidade local, buscando q…
24 de mayo de 2026 1 min lectura