← Volver La Región

Obradoiro sobre dependencia e discapacidade do CDR O Viso

Obradoiro sobre dependencia e discapacidade do CDR O Viso

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Un grupo de 20 persoas participaron nunha charla sobre saúde e dereitos, grazas ao obradoiro que organizou o CDR O Viso, co ESAD de Xinzo. 
Nesta ocasión foi Natalia López, a traballadora social do centro de saúde de Xinzo de Limia, a encargada de realizar o obradoiro “Somos un equipo”. Esta actividade está recollida dentro do programa  “Saúde Comunitaria”, que se está a desenvolver por diferentes aldeas da comarca.
Debido á demanda da comunidade rural que participa nas actividades do CDR, Natalia explicou que é o documento de instrucións previas. Este documento, que comeza a coller relevancia e que impulsa a toma de decisións das persoas sobre a súa vida, permite manifestar de forma libre e anticipada os desexos sobre os coidados e tratamentos que puideran precisar no futuro.

Mañá repetirase a experiencia, pero esta vez ca fisioterapeuta Isabel Díaz no obradoiro “Mecánica corporal, prevención de lesións”, onde se tratarán temas tan interesantes como o coidado das costas e do solo pelviano e os beneficios do exercicio ao longo da vida.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
Varios feridos en accidentes de tráfico en Rairiz de Veiga e Xinzo
La Región Varios feridos en accidentes de tráfico en Rairiz de Veiga e Xinzo
Durante a tarde de hoxe, rexistráronse dous accidentes de tráfico na provincia que deixaron varias persoas feridas. O primeiro incidente ocorreu aproximadamente ás 15:53 h na OU-501, á altura do kilómetro 0 en Rairiz de Veiga (A Limia). Nunha colisión entre dous vehículos produciuse unha saída de vía que resultou en varias persoas feridas. Un dos ocupantes precisou de asistencia médica por parte de Urxencias Sanitarias 061 debido a dores no peito e nun brazo. Á zona despacháronse membros da Gua…
5 de junio de 2026 1 min lectura
Iniciativa de comunicación aumentativa no colexio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia
La Región Iniciativa de comunicación aumentativa no colexio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia
O colexio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia desenvolveu un proxecto para facilitar a comunicación do alumnado que utiliza sistemas aumentativos e alternativos de comunicación, cun obxectivo fundamental: garantir a súa participación activa en actividades sociais e escolares. Implementación de pictogramas e impacto social A iniciativa consistiu na incorporación de pictogramas en diversos espazos para mellorar a orientación, a autonomía e a comprensión do entorno. Este proxecto estendese má…
6 de junio de 2026 2 min lectura
Preparativos para a XXVI Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia
La Región Preparativos para a XXVI Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia
A asociación Civitas Limicorum xa traballa na organización da XXVI Festa do Esquecemento, que se celebrará os días 21, 22 e 23 de agosto en Xinzo de Limia. Durante a súa primeira asamblea de socios deste ano, o presidente da entidade, Marcos Argibay, destacou o crecemento do colectivo, que xa conta con preto de 700 asociados. Esta edición marcará un récord de participación cun total de 54 grupos. Un dos obxectivos centrais da organización é fomentar a integración da comunidade local, buscando q…
24 de mayo de 2026 1 min lectura