← Volver La Región

Quinta campaña de recollida de lixo no Concello de Sandiás

Quinta campaña de recollida de lixo no Concello de Sandiás

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Sandiás, xunto coa Sociedade Deportiva de Cazadores de Sandiás, o CEIP de Sandiás, o Punto de Atención Infantil (PAI) e veciños, veñen de por en marcha unha campaña con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que tivo por finalidade concienciar e mobilizar aos veciños para manter de forma colaborativa as contornas libres de lixo. A campaña leva por título “Á caza do lixo”.
Unha das accións foi revisar determinados puntos de acumulación de lixo maior e levalos ao punto limpo máis próximo. A outra acción neste ano foi recoller lixo menor das rúas das aldeas da Lavandeira e Zadagós.
Recolléronse, aproximadamente, 700 quilogramos de rodas de tractores, moito plástico de rega, colchóns, monitores de televisión, bidóns de plástico, latas, azulexos, botellas, zapatos, plásticos, neveiras, aspiradora, carcasa de hidro lavadora, pratos de ducha, sillas, ferros, cordas, restos de mobles e outros restos de material orgánico.

Os restos foron trasladados aos puntos limpos de Xinzo de Limia. Utilizouse para a tarefa de recollida un kit de limpeza aportado polo Concello consistente nun par de luvas, bolsas para o lixo e tres vehículos, un deles con remolque.
Punto limpo
“Para continuar o camiño cara a unha concienciación social e ambiental, lembramos o punto limpo móbil da Deputación que fai retirada de residuos a domicilio e que precisa dunha simple chamada ao Concello e dos puntos limpos da Comarca da Limia (Xinzo de Limia, mércores e xoves, entre as 17,00 e 19,00 horas e sábado, de 10,00 e 14,00 horas; Vilar de Santos, mércores de 10,00 horas e 14,00 horas e Calvos de Randín, xoves, de 10,00 a 14,00 horas)”, comunica Pepe Gándara, concelleiro de Cultura e Patrimonio do Concello de Sandiás.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
Varios feridos en accidentes de tráfico en Rairiz de Veiga e Xinzo
La Región Varios feridos en accidentes de tráfico en Rairiz de Veiga e Xinzo
Durante a tarde de hoxe, rexistráronse dous accidentes de tráfico na provincia que deixaron varias persoas feridas. O primeiro incidente ocorreu aproximadamente ás 15:53 h na OU-501, á altura do kilómetro 0 en Rairiz de Veiga (A Limia). Nunha colisión entre dous vehículos produciuse unha saída de vía que resultou en varias persoas feridas. Un dos ocupantes precisou de asistencia médica por parte de Urxencias Sanitarias 061 debido a dores no peito e nun brazo. Á zona despacháronse membros da Gua…
5 de junio de 2026 1 min lectura
Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
La Región Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
A asociación Civitas Limicorum celebrou a terceira edición do evento "Vestales" en Xinzo de Limia, unha iniciativa que busca recuperar a conexión histórica da zona de A Limia co Imperio Romano. Este certame complementa a Festa do Esquecemento, que aspira a converterse nunha cita de Interés Turístico. O evento contou coa participación de diversos grupos de recreación histórica de toda España, desenvolvendo unha programación centrada na figura das sacerdotisas de Vesta e o simbolismo do lume sagr…
31 de mayo de 2026 2 min lectura
Accidente fatal en Sandiás deixa un morto e dous feridos
La Región Accidente fatal en Sandiás deixa un morto e dous feridos
O ocorrido: Na madrugada do pasado venres, ás 4:29 horas, registouse un grave accidente de tráfico na estrada OU-531, á altura de Sandiás (Xinzo de Limia), concretamente na zona coñecida como "carretera de Celanova". Un Audi TT de cor vermella saíu da vía, provocando o falecemento do condutor e deixando outros dous ocupantes feridos. Protagonistas e vítimas O condutor do vehículo, Pablo Rodríguez Rodríguez (27 anos), faleceu no acto do impacto. Os outros ocupantes que viaxaban no automóbil son…
16 de mayo de 2026 2 min lectura