← Volver Dende A Limia

​A Deputación inviste 48.000 euros na mellora dos firmes nos accesos a Barracel e Quilmelas, en Rairiz de Veiga

​A Deputación inviste 48.000 euros na mellora dos firmes nos accesos a Barracel e Quilmelas, en Rairiz de Veiga

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O presidente provincial, Luis Menor, visitou hoxe Barracel, acompañado pola alcaldesa deste municipio, Asunción Morgade, para comprobar in situ o avance destas obras que permitirán “mellorar a calidade de vida da súa veciñanza e as condicións medioambientais da contorna”

A Deputación de Ourense vén de investir 48.000 euros na mellora dos firmes nos accesos aos núcleos poboacionais de Barracel e Quilmelas no Concello de Rairiz de Veiga. O presidente provincial, Luis Menor, visitou hoxe Barracel, acompañado pola alcaldesa deste municipio, Asunción Morgade, para comprobar in situ o avance destas obras que permitirán “mellorar a calidade de vida da súa veciñanza e as condicións medioambientais da contorna”. 

 Luis Menor lembrou que estas actuacións “demostran, unha vez máis, que a cooperación cos concellos da provincia é unha das grandes prioridades para este goberno provincial”. Adiantou que esta “liña de traballo de colaboración seguirá a ser a nosa máxima como institución porque a nosa prioridade son os veciños e veciñas da provincia”.
As obras de mellora consisten na limpeza dos bordes laterais e a eliminación de vexetación, a limpeza enérxica do pavimento existente, a reparación total e bacheo en zonas puntuais, a rexeneración do pavimento existente, a sinalización, pintura e balizamento.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Primeira Feira da Ciencia no CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei
Dende A Limia Primeira Feira da Ciencia no CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei
O CEIP de Os Blancos e o CRA de Monterrei celebraron a súa primeira Feira da Ciencia, un evento que serviu para amosar os resultados do traballo realizado polo Club de Ciencias ao longo do curso escolar. A iniciativa foi impulsada polo profesor Manuel Lamoso, que promoveu unha metodoloxía baseada na experimentación e na aprendizaxe práctica. Durante o ano, o alumnado de ambos os centros participou semanalmente en actividades científicas organizadas en equipos de diferentes cores (vermello, amar…
2 de junio de 2026 1 min lectura
Festival de Fin de Curso do Conservatorio
Dende A Limia Festival de Fin de Curso do Conservatorio
O Conservatorio programa para este mes de xuño o seu Festival de Fin de Curso na comarca da Limia. O evento ten como obxectivo mostrar o talento musical do seu alumnado e celebrar o peche do curso escolar mediante tres concertos principais que integrarán música de cámara, banda e diversos ensembles. A programación constará dos seguintes actos: Xoves 11, 20:00 h: Concerto de Grao Elemental, que incluirá o acto de graduación do alumnado que remata este ciclo de catro anos. Venres 12, 20:00 h: C…
8 de junio de 2026 1 min lectura
Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Dende A Limia Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Este venres, os estudantes do Grao Profesional celebraron un recital para amosar os coñecementos adquiridos durante a súa formación. A xornada culminou coa graduación dos alumnos de último curso, que contou cun homenaxe especial a Suso Dopozo, organizado con xunto pola comunidade de estudantes e polo Concello de Xinzo.
13 de junio de 2026 1 min lectura