← Volver Dende A Limia

Homenaxe ás primeiras enfermeiras formadas en Ourense fai 50 anos

Homenaxe ás primeiras enfermeiras formadas en Ourense fai 50 anos

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe no acto de conmemoración do 50º aniversario da primeira promoción da Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios (A.T.S), ubicada no primeiro pavillón do Hospital Provincial e vinculada daquela no aspecto docente á Universidade de Santiago e no económico e administrativo á Deputación Provincial.

Luis Menor destacou que esta efeméride conta cunha importancia destacada na recente historia de Ourense, “pois estamos a falar dunha profesión, a da Enfermaría, íntimamente ligada coa provincia, con enormes méritos e un carácter pioneiro no último medio século”, sinalou, ao tempo que reivindicou que “Ourense está en débeda con aquelas 40 mulleres que abriron ese camiño”.
O presidente provincial aproveitou tamén para agradecerlles ás integrantes da primeira promoción da Escola de Enfermaría o seu traballo: “Mulleres, en definitiva, que se formaron en Ourense para coidar de todos nós. Porque a iso adicaron as súas vidas profesionais: a coidarnos e curarnos

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Substitución no Concello de Sandiás: Alejandro Portela incorporaся ao pleno municipal
Dende A Limia Substitución no Concello de Sandiás: Alejandro Portela incorporaся ao pleno municipal
O venres 29 de maio, Alejandro Portela incorporouse oficialmente ao pleno municipal de Sandiás. O novo edil pasa a ocupar a acta deixada por Pilar Cabrera, concelleira responsable das áreas de Política Social e Participación Veciñal, quen renunciou ao seu cargo por motivos de saúde. Durante o acto, o alcalde Felipe Traveso deu as boas vindas a Portela, expresando o desexo de que a súa labor sexa en beneficio dos veciños e veciñas. Por súa parte, o novo concelleiro manifestou a súa total disposi…
31 de mayo de 2026 1 min lectura
O BNG propón unha planificación estratéxica e participativa para o novo auditorio de Xinzo
Dende A Limia O BNG propón unha planificación estratéxica e participativa para o novo auditorio de Xinzo
O Grupo Municipal do BNG manifestou a necesidade de que o proxecto do novo auditorio de Xinzo comece cunha análise profunda das necesidades culturais e da viabilidade económica e funcional, antes de proceder ao deseño arquitectónico do edificio. Segundo a formación, é fundamental definir primeiro as actividades que acollerá a infraestrutura e como se integrará na vida cultural da vila e da comarca. Para garantir que este equipamento sexa un éxito a longo prazo e conte co apoio social, o BNG pro…
12 de junio de 2026 2 min lectura
Fase final das obras de remodelación nas avenidas de Ourense e Madrid
Dende A Limia Fase final das obras de remodelación nas avenidas de Ourense e Madrid
As obras de intervención nas avenidas de Ourense e de Madrid están a entrar nunha etapa decisiva, estimándose que en aproximadamente dúas semanas as infraestruturas estean totalmente rematadas e listas para o seu uso. Recentemente, os traballos concentráronse no tramo elevado situado na curva da Praza Maior, onde se procedeu ao debuxado do asfalto e á sinalización final. Para garantir a calidade do acabado, o persoal técnico realizou o traballo de calentamento da capa asfáltica para a aplic…
4 de junio de 2026 1 min lectura