← Volver Diario do Limia

O BNG pedirá o apoio de Bruxelas para sacar o tráfico pesado de Xinzo

O BNG pedirá o apoio de Bruxelas para sacar o tráfico pesado de Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Mirian Opazo, candidata limiá ao Parlamento Europeo e responsable local da organización, comprometeuse a traballar con Ana Miranda para levar a Bruxelas o problema de mobilidade de Xinzo de Limia.

O BNG, que lamenta que a obra das avenidas tantas veces anunciada non avanzase e que se estean consumindo prazos ata poñer en risco o proxecto, ten denunciado en diferentes ocasións a falta dun plan xeral de mobilidade en Xinzo que ofreza solucións alternativas para, especialmente, evitar o paso do tráfico pesado polo centro da vila. Mirian Opazo xustifica a necesidade recordando que «o 25 de abril vimos como un camión non era quen de manobrar no cruce entre a xeral e a rúa 2 de maio, o que é un risco que xa viñamos denunciando».

Mirian Opazo nun mitin das vindeiras eleccións europeas.

Opazo mantén que «o peso estratéxico do sector primario é indiscutible e supón o garante económico e social da comarca, polo que precisa de apoios ambiciosos e modernos que lle faciliten, por exemplo, o transporte. Isto tamén beneficia ao outro sector clave, o do comercio e a hostalaría».

A circunvalación sur de Xinzo foi defendida polo Bloque en numerosas ocasións. A última vez, nas eleccións municipais de 2023, cando se reclamaba o apoio das Administracións para acometer unha solución eficaz e definitiva a un problema que afecta á veciñanza.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
A Limia Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
FOTOGALERÍA | La montaña gallega desafía al calor y corona a Senín en Vilar de Barrio
Diario do Limia FOTOGALERÍA | La montaña gallega desafía al calor y corona a Senín en Vilar de Barrio
Jacobo Senín y Jorge Pérez Alonso fueron los grandes protagonistas de la Subida a Vilar de Barrio, segunda prueba puntuable para el Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre. La competición ourensana celebró su quinta edición con un fin de semana marcado por las cambiantes condiciones meteorológicas. La prueba arrancó el sábado bajo intensas lluvias y tormentas, mientras que el domingo estuvo condicionado por el calor y las altas temperaturas, un escenario ex…
25 de mayo de 2026 2 min lectura
Nova convocatoria do programa "Tierra de Oportunidades" no GDR10 Limia Arnoia
Diario do Limia Nova convocatoria do programa "Tierra de Oportunidades" no GDR10 Limia Arnoia
O GDR10 Limia Arnoia e CaixaBank lanzaron oficialmente a sexta edición do programa "Tierra de Oportunidades". Esta iniciativa ten como obxectivo principal fomentar o emprendemento no medio rural, crear emprego e axudar a fixar a poboación en zonas afectadas pola declive demográfica. Información clave para os interesados Plazo de solicitude: As candidaturas poden presentarse desde o 14 de maio ata o 4 de xuño de 2026. O resultado final coñecerse-se-á durante o mes de xuño. Requisitos de locali…
16 de mayo de 2026 2 min lectura