← Volver Dende A Limia

Volven os «xoves de tapas en Xinzo»

Volven os «xoves de tapas en Xinzo»

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 A Asociación de Hostaleiros da Limia volverá a celebrar os xoves das tapiñas logo de ter repartido máis de 600 cartóns e ter dado máis de 3.000 pinchos.
 De novo porase en marcha a seguinte edición das Tapiñas do Concello de Xinzo de Limia, organizada pola Asociación de Hostaleiros da Limia (AHL) tras acadar un gran éxito con esta primeira experiencia. 
Na anterior edición, que arrancaba o xa pasado 27 de abril, onde participaron 13 locais do Concello de Xinzo de Limia, repartíronse máis de 600 cartóns de participación entre os clientes dos establecementos. 
Así mesmo déronse máis de 3.000 pinchos ó longo do mes entre todos os locais participantes sendo motivo para repetir esta acción unha vez máis.
 Os xoves estanse convertendo nun dos días máis esperados para a veciñanza do Concello onde a xente se bota a rúa co fin de facer a ruta, motivo polo cal, nesta segunda edición inscribiránse tres novos establecementos: Bar 5 Rutas, Tivoli e La Paloma, converténdose así nun total de 16 establecementos participantes coa posibilidade de que esta cifra sega crecendo en vindeiras edicións. 
Sen dúbida e como esperaban os hostaleiros da Asociación, a resposta das veciñas e veciños desta iniciativa tivo unha gran acollida e polo tanto, co gallo de incentivar de novo á participación sortearase un vale de 200 € para compra no comercio local.
As bases seguirán sendo as mesas que na anterior edición, onde as tapiñas terán un custe de 2 € por unidade sendo os xoves, dende o 6 ó 27 de xuño, de 19:00 a 22:30 h. o horario no que se elaboren as tapas. 
De novo, os cartóns serán recollidos polos propios establecementos e sortearase o premio unha vez finalice a edición en curso. 
Dende a AHL convidamos a todos as veciñas e veciños do Concello a seguir participando nesta iniciativa, así como a calquera persoa de fóra, creando tecido e mellorando a calidade da nosa hostalaría.
Sen dúbida, a hostalaría de Xinzo segue viva.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Resumo de resultados deportivos
Dende A Limia Resumo de resultados deportivos
Veteráns O partido do equipo de veteráns masculino contra Vila de Meire foi suspendido debido á alerta de tormentas que afectou a zona de Lugo. A pesar da suspensión, o equipo mantense en liza, restándolle dous xogos e a final de copa, para a que xa está clasificado. Cadetes As cadetes femininas (2011) tiven resultados mixtos este fin de semana: perderon o venres en Allariz, pero lograron a vitoria o domingo ante Depordima. Infantís Femininas 2012: Derrota ante Carmelitas, o que supón a súa…
27 de mayo de 2026 1 min lectura
Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión entre a Consellería do Medio Rural e o concello
Dende A Limia Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión entre a Consellería do Medio Rural e o concello
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo un encontro co alcalde de Vilar de Santos, Marcos Nogueiras, e a tenente alcalde, Begoña Francisco, para coordinar novas vías de colaboración en favor do desenvolvemento rural no concello. Mellora da rede de camiños Un dos puntos centrais da reunión foi a mobilidade de terras. Desde o ano 2020, a través do plan "Camiña Rural", destináronse máis de 160.000 euros para o acondicionamento e conservación de camiños de acceso a parcelas agrícol…
18 de mayo de 2026 1 min lectura
Fase final das obras de remodelación nas avenidas de Ourense e Madrid
Dende A Limia Fase final das obras de remodelación nas avenidas de Ourense e Madrid
As obras de intervención nas avenidas de Ourense e de Madrid están a entrar nunha etapa decisiva, estimándose que en aproximadamente dúas semanas as infraestruturas estean totalmente rematadas e listas para o seu uso. Recentemente, os traballos concentráronse no tramo elevado situado na curva da Praza Maior, onde se procedeu ao debuxado do asfalto e á sinalización final. Para garantir a calidade do acabado, o persoal técnico realizou o traballo de calentamento da capa asfáltica para a aplic…
4 de junio de 2026 1 min lectura