← Volver Diario do Limia

NOTICIAS A LIMIA | O poema «Tanto camiñei, camiñei tanto», premio «Antón Tovar»

NOTICIAS A LIMIA | O poema «Tanto camiñei, camiñei tanto», premio «Antón Tovar»

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O 4 de xuño de 2024 cúmprense 20 anos do pasamento de Antón Tovar e, con este motivo, o Padroado do Museo da Limia convocou un Certame Literario, patrocinado polo Balneario de Cortegada e o Hotel Bienestar Termas de Monção (Tesal Explotación SL).

O xurado do Certame decidiu, por unanimidade, premiar o poema “Tanto camiñei, camiñei tanto”, de Laura Valeria Gutiérrez Caneda. Ademais, o xurado adhírese ao acordo da Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia, do 24/05/2024, no que se reitera a solicitude de que a RAG dedique o Día das Letras Galegas de 2025 a Antón Tovar.

O premio do certame, patrocinado polo Balneario de Cortegada e o Hotel Bienestar Termas de Monção (Tesal Explotación SL), consiste nun bono para unha fin de semana en pensión completa para dúas persoas no Hotel Bienestar Termas de Monção (Portugal) e na publicación do texto na revista Tempos Novos.

A entrega do galardón terá lugar o sábado 15 de xuño ás 19:00 horas no Museo da Limia, nun acto onde a autora premiada lerá a súa obra. Tamén participarán alumnos e alumnas do CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga), que recitarán poemas de Antón Tovar. Delfín Caseiro, presidente do Padroado e responsable da antoloxía de Tovar publicada por Xerais en 2023, fará unha breve semblanza da vida e obra do poeta da Pereira. O acompañamento musical correrá a cargo do cantautor valdeorrés Anxo Rei, que compuxo música para dez poemas de Tovar, recollidos no disco A rabela da pluma.

A obra poética e narrativa de Antón Tovar, caracterizada pola súa autenticidade e alta calidade literaria, mantén plena vixencia nos nosos días. A convocatoria deste certame literario por parte do Museo da Limia busca ser unha nova chamada á sociedade galega para valorar o extraordinario legado creativo do autor ourensán.
Desde o ano 2021, centenario do nacemento de Antón Tovar, o Museo da Limia promove diversas iniciativas para difundir a obra de Tovar e solicitar a dedicación do Día das Letras Galegas ao poeta da Pereira. En 2022, foi entregado na sede da Real Academia Galega un completo expediente que recollía varios centos de sinaturas de adhesión cidadá e numerosos documentos apoiando esta causa.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
A Limia Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Unha muller falece nun accidente de tráfico en San Cristovo de Cea
Diario do Limia Unha muller falece nun accidente de tráfico en San Cristovo de Cea
Este xoves, arredade das 13:20 horas, produciuse un accidente mortal na estrada OU-504, á altura do kilómetro 22,6, no concello de San Cristovo de Cea (partido judicial de O Carballiño). O siniestro consistiu nunha colisión frontal entre dous turismos. Como consecuencia do impacto, unha das condutoras morreu no mesmo lugar do accidente, mentres que o outro condutor resultou ferido de gravedade. Ao lugar desplazáronse efectivos do Destacamento de Tráfico de Ourense, o segundo xefe da UNIS e o e…
28 de mayo de 2026 1 min lectura
FOTOGALERÍA | Cientos de corredores tomaron Xinzo en una Carrera Popular con nuevo recorrido
Diario do Limia FOTOGALERÍA | Cientos de corredores tomaron Xinzo en una Carrera Popular con nuevo recorrido
Xinzo de Limia vivió una jornada marcada por el deporte con la celebración de una nueva edición de la Carrera Popular, una cita que volvió a reunir a corredores y aficionados de distintas edades en las calles del municipio. La principal novedad de esta edición fue la incorporación de un nuevo recorrido alrededor del río Limia, apostando por un trazado que combinó deporte, naturaleza y la puesta en valor de uno de los espacios más representativos de la comarca. El circuito permitió a los partici…
24 de mayo de 2026 1 min lectura