← Volver Dende A Limia

Xinzo de Limia retrocederá no tempo coa celebración das Vestalias

A Praza Maior de Xinzo de Limia vestirase de gala este 8 de xuño, de 20:00 a 22:00 horas, para acoller a primeira edición das “Vestalias”, un evento de recreación histórica organizado pola A.C. Civitas Limicorum en colaboración co Concello de Xinzo. Esta xornada promete revivir o espírito da antiga Roma, mergullando aos asistentes nunha atmosfera única de historia e tradición.
As Vestalias eran unha festa importante na antiga Roma adicada a Vesta, a deusa do fogar, cuxo culto estaba centrado na conservación do lume sagrado. Este festival honraba ás Virxes Vestais, encargadas de manter este lume e desempeñar rituais que aseguraban a protección e a continuidade da cidade. A recreación das Vestalias por parte da A.C. Civitas Limicorum ten un significado especial, xa que reflicte o compromiso da asociación coa promoción e a educación sobre a historia romana, semellante ao que demostran anualmente coa Festa do Esquecemento.
O programa da noite comezará ás 20:00 horas cun desfile de escolta romana das Vestais, seguido ás 20:15 por interpretacións da Banda Achicoria con marchas romanas. Ás 20:30, celebrarase o acto central denominado “Vestalias”, no que participarán as Vestais da Civitas Limicorum e as chegadas de Asturica Augusta. A continuación, ás 20:45, terá lugar unha cerimonia de iniciación para unha nova vestal, destacando o compromiso continuo coa tradición e a cultura.
Un dos momentos máis esperados será ás 21:00, co espectáculo “Magna Vestae”, que mesturará impresionantes exhibicións de lume e acrobacias. O evento pecharase ás 21:45 cun segundo desfile de tropas romanas, que rematará a celebración coa grandeza característica das recreacións históricas.
Mentres nos preparamos para este emocionante evento, lembramos que faltan menos de tres meses para a Festa do Esquecemento, outra das nosas principais celebracións, que tamén serve para destacar e promover a nosa rica herdanza cultural. Este ano, a vixesimocuarta edición do Esquecemento será os días 23, 24 e 25 de agosto.

Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Nova xornada de sendeirismo na Vía da Prata uniu Verín e Xinzo de Limia
Dende A Limia Nova xornada de sendeirismo na Vía da Prata uniu Verín e Xinzo de Limia
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, organizou unha nova etapa de sendeirismo na Vía da Prata, na que participaron preto de 40 peregrinos. O percorrido uniu os concellos de Verín e Xinzo de Limia, partindo cunha conexión entre a Vía da Prata e o Camiño Portugués do Interior na zona de Feces. Esta actividade está integrada no proxecto europeo Interreg “Camiño Vertical”, unha iniciativa orientada á promoción do turismo sustentable e á posta en valor dos itinerarios culturais e naturais no…
9 de junio de 2026 2 min lectura
A Xunta destina máis de 10 millóns de euros a obradoiros duais de emprego en Ourense
Dende A Limia A Xunta destina máis de 10 millóns de euros a obradoiros duais de emprego en Ourense
A Xunta de Galicia vai investir 10.597.196 euros na posta en marcha de 23 obradoiros duais de emprego na provincia de Ourense. Esta iniciativa beneficiará a 460 alumnos e traballadores, repartidos entre 57 concellos e 4 mancomunidades da zona. Segundo o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, estes obradoiros funcionan como programas mixtos que combinan o emprego con a formación. O obxectivo é que persoas con dificultades de inserción laboral realicen traballos de interese xeral e social a…
11 de junio de 2026 2 min lectura
Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión entre a Consellería do Medio Rural e o concello
Dende A Limia Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión entre a Consellería do Medio Rural e o concello
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo un encontro co alcalde de Vilar de Santos, Marcos Nogueiras, e a tenente alcalde, Begoña Francisco, para coordinar novas vías de colaboración en favor do desenvolvemento rural no concello. Mellora da rede de camiños Un dos puntos centrais da reunión foi a mobilidade de terras. Desde o ano 2020, a través do plan "Camiña Rural", destináronse máis de 160.000 euros para o acondicionamento e conservación de camiños de acceso a parcelas agrícol…
18 de mayo de 2026 1 min lectura