← Volver Dende A Limia

Gonzalo Sueiro, xa é fillo adoptivo de Xinzo

Gonzalo Sueiro, xa é fillo adoptivo de Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 O salón de actos da Casa da Cultura, escenario do acto protocolario da entrega da medalla e o diploma que o converte noutro dos fillos adoptivos de Xinzo, quedouse pequeno para recibir a todas as persoas, veciños e amigos do homenaxeado, vidos dende moitos lugares da xeografía ourensá e galega.

Foto de familia de todos os protagonistas do acto
Un máis que emocionado Gonzalo recibiu de Amador Díaz, alcalde da vila a medalla e o diploma que o converte dende hoxe dun dos fillos adoptivos do concello que realmente máis apoio tivo na historia de Xinzo.
Delfín Caseiro foi o mestre de cerimonias do acto que comezou cunha interpretación musical por parte de profesores e alumnas do conservatorio de Xinzo para pasar logo as intervencións do alcalde e concelleiro de Cultura e posteriormente a lectura do acordo por unanimidade do concello.
UN SOÑO DO 2050

Unha das intervencións esperadas por todos era a de Xesús Alonso Montero, académico galego e compañeiro do PC de Sueiro dende a clandestinidade. O escritor e catedrático non quixo facer unha laudatio ao corrente, porque sería repetirse do que dixeran outros. Na súa intervención relatou un soño alo polo 2050 na que uns estudantes da época vivían dúas anécdotas na súa visita a un parque, acompañados polos seus profesores. A intervención do académico foi longamente aplaudida polos presentes, que como se dixo, abarrotaban o patio de butacas, entre os que se atopaban, alumnos do “maestro” Gonzalo, compañeiros de traballo do político Gonzalo e compañeiros do partido, do militante do PC e PSOE na súa traxectoria.
Un mundo de historias

Tomou despois a palabra o homenaxeado, moi emocionado para facer un pequeno percorrido pola súa traxectoria, primeiro como militante clandestino do PC onde coñeceu a Santiago Carrillo, e como poñente da primeira lei de educación do 70, de onde lle ven a amizade con Alonso Montero. Tamén non deixou pasar por alto o feito que  por unanimidade de todos os partidos da corporación se acordase outorgar este recoñecemento a unha persoa tan rara como el.
Para rematar chegaron os saúdas en vídeo dos que non podían estar no día de hoxe acompañando ao homenaxeado, entre os que estaba o do ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño.
Os dous fillos de Gonzalo e Loa, presentes no acto, interviron para agradecer esta distinción para seu pai e sobre todo a todos os que lanzaron a proposta, Alfonso Lois e os do grupo de traballo nos que estiveron entre outros, Delfín Caseiro, Lalo Pavón e Pablo García Bibanco.

Público que encheu o salón da Casa da Cultura
Como non podía ser doutra maneira o acto pechouno con todo o público en pe o Imno galego interpretado dende o escenario por Fernando Dopico.
Rematado o acto, un por un, ou en familia, todos quixeron pasar a saudar ao homenaxeado que non tivo máis remedio que coller unha cadeira polo cansazo, ata que coa foto de familia de todos os que participaron dunha maneira ou de outra, deu por finalizado o acto de nomeamento de “fillo adoptivo” a Gonzalo Iglesias Sueiro.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Substitución no Concello de Sandiás: Alejandro Portela incorporaся ao pleno municipal
Dende A Limia Substitución no Concello de Sandiás: Alejandro Portela incorporaся ao pleno municipal
O venres 29 de maio, Alejandro Portela incorporouse oficialmente ao pleno municipal de Sandiás. O novo edil pasa a ocupar a acta deixada por Pilar Cabrera, concelleira responsable das áreas de Política Social e Participación Veciñal, quen renunciou ao seu cargo por motivos de saúde. Durante o acto, o alcalde Felipe Traveso deu as boas vindas a Portela, expresando o desexo de que a súa labor sexa en beneficio dos veciños e veciñas. Por súa parte, o novo concelleiro manifestou a súa total disposi…
31 de mayo de 2026 1 min lectura
Nova campaña de descontos mediante aplicación móbil
Dende A Limia Nova campaña de descontos mediante aplicación móbil
Un novo sistema de descontos para establecementos comerciais permite aos clientes obter reducións nas súas compras mediante o uso dunha aplicación móbil. O programa funciona mediante bonos que se van consumindo de acordo co valor de cada compra realizada. Procedemento de participación Para acceder aos beneficios, os usuarios deben seguir estes pasos: Rexistrarse a través da aplicación móbil ou da páxina web. Validar a rexistración mediante un código recibido por SMS. Activar e descargar o b…
26 de mayo de 2026 1 min lectura
Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
Dende A Limia Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia inicia este venres un programa cultural para conmemorar o aniversario da toma do transatlántico Santa María en 1961. Este suceso histórico foi unha acción de resistencia antifascista liderada polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) e ideada polo intelectual galego Xosé Velo. A programación destaca as seguintes actividades: Exposición “Love Velo”: Unha mostra fotográfica e documental dedicada á figura de Xosé Velo, que poderá visitars…
10 de junio de 2026 1 min lectura