← Volver La Voz de Galicia

Xinzo reivindica a lingua con dous días de actividades por las Letras Galegas

Xinzo reivindica a lingua con dous días de actividades por las Letras Galegas

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Agos Iglesias

Darán a coñecer a vida de Luisa Villalta con música, poesía ou concursos de debuxos
11 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Xinzo organizou unha programación de actividades polo Día das Letras Galegas o 15 e 17 de maio. O próximo mércores empezarán os actos a cargo do IES Lagoa de Antela. Os alumnos darán a coñecer a vida de Luisa Villalta, con lecturas e imaxes xigantes da autora homenaxeada nesta edición.

O 17 ás 12.30 horas será a entrega de premios do concurso da Fundación Carlos Casares e do Concello dirixida a escolares. Foron os certames de debuxos «Toribio revoluciona o tráfico» e «Unha cuberta para Luisa Villalta». Despois, a escritora Sabela A. Veloso lerá poemas da autora. Este acto contará ca música do cuarteto tradicional da Escola Municipal de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo. Pola tarde, ás 18.30 finalizará a programación co concerto da Agrupación Musical da Limia e da Coral Santa Mariña. Ese día, os libros en galego terán un 10 % de desconto nas librerías adheridas á iniciativa municipal.

Archivado en: Día das Letras Galegas Xinzo de Limia

Fonte: lavozdegalicia.es

Ver noticia completa
Día das Letras Galegas La Voz de Galicia Ourense prensa Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
Xinzo celebra os 30 anos da asociación A Pantalla cunha homenaxe ao seu legado
La Voz de Galicia Xinzo celebra os 30 anos da asociación A Pantalla cunha homenaxe ao seu legado
A asociación cultural A Pantalla celebrou o pasado sábado, no Museo Galego do Entroido, o seu 30 aniversario recoñecendo aos fundadores e divulgadores que preservaron as tradicións locais. Durante o acto conmemorativo, titulado «Tres décadas a prol da nosa cultura», a entidade fixo entrega de distincións aos protagonistas que consolidaron o traballo da asociación: Directivas de 1996 e 2000: Homenaxe ás persoas que fundaron o colectivo e ao equipo que mantivo vivas as normas da indumentaria e o…
26 de octubre de 2026 1 min lectura
O Antela visita hoxe ao Arenteiro nun derbi ourensán de Tercera Federación
La Voz de Galicia O Antela visita hoxe ao Arenteiro nun derbi ourensán de Tercera Federación
O Antela FC xoga esta tarde no campo de Espiñedo (O Carballiño) contra o CD Arenteiro. O encontro, un derbi provincial dentro da Tercera Federación, comezará ás 19:00 horas. O Antela, adestrado por Bruno Gómez, chega ao partido con moral tras gañar ao Somozas, a pesar da baixa por lesión de Iñaki Bellido. Pola súa banda, o Arenteiro de Marc Vidal está nun proceso de reconstrución do equipo, lastrado por problemas económicos, e busca gañar confianza tras o seu difícil inicio de liga. Pola súa p…
3 de octubre de 2026 1 min lectura
A biblioteca de Xinzo celebra o Día das Bibliotecas con actividades para escolares
La Voz de Galicia A biblioteca de Xinzo celebra o Día das Bibliotecas con actividades para escolares
A biblioteca municipal de Xinzo de Limia celebrará este mércores, 28 de outubro, o Día das Bibliotecas cunha xornada especial dedicada ao alumnado do CEIP Carlos Casares. A programación contará con diversas actividades para tres grupos de Educación Primaria, baseadas en contos infantís como O monstro de cores e Nicolás vai á biblioteca. O obxectivo desta iniciativa é achegar aos máis pequenos o funcionamento da biblioteca e fomentar o hábito de lectura entre os escolares. Novas achegas bibliog…
27 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser