← Volver Dende A Limia

Transformando un desexo en realidade

Transformando un desexo en realidade

Fotografía de arquivo. A Limia News.

No proxecto Biocoidados traballamos con unha metodoloxía centrada na persoa que nos leva a descubrir os desexos e inquedanzas de cada unha delas. Nesta liña, procuramos facilitar ferramentas que posibiliten a consecución dos obxectivos reflectidos no seu plan de vida.

Na planificación do traballo con Xiana fixemos fincapé na súa paixón tanto polo deseño como pola pintura e non dubidamos en procurarlle un espazo para a súa expresión artística e acompañala. Durante meses visitounos todos os venres para desfrutar dunha hora de desconexión e fomento da súa creatividade. O resultado foi, entre outros, un deseño magnífico para as camisetas do Concilia de verán que ela mesma entregou aos nenos e nenas esta semana.

A ilusión de Xiana desbordaba e o noso orgullo aínda máis!

Estas actuacións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADO PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, NAS CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
prensa local
Tamén che pode interesar
As Xornadas de Folclore de Ourense traerán grupos de seis países este agosto
Diario do Limia As Xornadas de Folclore de Ourense traerán grupos de seis países este agosto
A XLI edición das Xornadas de Folclore percorrerá a provincia de Ourense entre o 10 e o 20 de agosto, con actuacións de 178 artistas de catro continentes. O festival, recoñecido pola UNESCO, conta este ano con seis grupos internacionais que representarán a súa cultura tradicional en diversos concellos ourensáns: Armenia: Sebastia Dance Ensemble. Ecuador: Elenco Ñukanchik. Kenia: Kikwetu Afrika Music and Dance Group. México: Compañía Nacional de Danza Folklórica de Nieves Paniagua. Serbia: …
17 de julio de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser