O Concello de Xinzo de Limia convoca á veciñanza este mércores 28 de outubro ás 20.00 horas diante da Casa do Concello.
O acto consiste nun minuto de silencio en memoria das vítimas do choque de dous trens de pasaxeiros ocorrido esta mesma mañá en Urda (Toledo). Con esta mostra de apoio, o municipio únese á convocatoria oficial da FEMP e da FEGAMP (as asociacións que agrupan aos concellos de España e Galicia) para amosar a súa solidariedade cos afectados polo sinistro na liña de alta velocidade Madrid–Andalucía.