← Volver Dende A Limia

ABANCA, Afundación e o Concello de Xinzo de Limia amosan «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote»

ABANCA, Afundación e o Concello de  Xinzo de Limia amosan «Arte e humor. O  enxeño de Antonio Mingote»

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron hoxe, mércores 21 de outubro, a exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote». No acto participaron o alcalde do Concello de Xinzo de Limia, Amador Díaz; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. A mostra poderase visitar ata o 27 de novembro na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.30 h e de 15.30 a 21.00 h. A exposición «Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote»Esta mostra convida a descubrir a mirada lúcida e mordaz dun dos grandes mestres do humor gráfico español. A través dos seus debuxos, viñetas e reflexións visuais, Mingote retrata con ironía e elegancia a sociedade do seu tempo.Desde que con só 13 anos publicou o seu primeiro debuxo en Gente Menuda, a súa traxectoria e éxito foron imparables. En 1946 empezou a colaborar como debuxante en La Codorniz, onde permaneceu ata 1953. Posteriormente incorporouse ao diario ABC, no que estivo debuxando durante máis de cincuenta anos ata o momento da súa morte. Tamén colaborou con numerosos medios escritos como The New York Times, The Daily Telegraph, Blanco y Negro, Semana, Ínsula ou Interviú.Compaxinou o seu labor de debuxante co de xornalista e novelista e chegou a publicar máis de corenta obras, ademais de participar en pezas de teatro, cine e televisión. A súa extensa traxectoria foi recoñecida con innumerables premios e distincións, entre os que destaca, por exemplo, o mérito de ser o primeiro debuxante en formar parte da Real Academia Española (RAE). Recibiu a Cruz de Caballero de la Orden de Isabel la Católica, o Premio Nacional de Periodismo en 1980, a Medalla de Ouro do Concello de Madrid en 1995, a Medalla de Ouro ao Mérito en el Trabajo en 1996, os doutorados honoris causa polas universidades de Alcalá de Henares e Rey Juan Carlos e, mesmo, os recoñecementos como Alcalde Honorario do Parque do Retiro en 1982 e como Cartero Honorario de España en 1998, entre outros moitos.Esta exposición é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera o arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén neles as actividades da entidade.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Casa da Cultura de Xinzo acolle unha exposición sobre o humorista Antonio Mingote
Dende A Limia A Casa da Cultura de Xinzo acolle unha exposición sobre o humorista Antonio Mingote
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia exhibirá do 21 de outubro ao 27 de novembro a mostra "Arte e humor. O enxeño de Antonio Mingote", froito dun convenio entre o Concello, ABANCA e Afundación. A exposición fai un percorrido pola traxectoria de Antonio Mingote, un dos debuxantes e humoristas gráficos máis relevantes do noso país. A través das súas viñetas e debuxos, o autor retratou a sociedade do seu tempo cunha visión irónica e elegante. Datos clave da cita: Lugar: Casa da Cultura de Xinzo d…
13 de octubre de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense inviste 747.000 euros para crear vivendas de alugueiro en 20 concellos
Dende A Limia A Deputación de Ourense inviste 747.000 euros para crear vivendas de alugueiro en 20 concellos
A Deputación de Ourense aprobou a segunda edición do seu Plan de Vivenda, que destina preto de 747.000 euros para axudar a 20 municipios a recuperar inmobles para alugueiro. O obxectivo deste plan é dobre: rehabilitar edificios baleiros ou abandonados e facilitar que máis xente poida vivir nos concellos do rural. As axudas, que en moitos casos chegan aos 40.000 euros por proxecto, serven tanto para comprar edificios como para reformar antigas escolas ou vivendas municipais. Os 20 concellos ben…
5 de octubre de 2026 2 min lectura
Xinzo de Limia acolle con éxito rotundo as xornadas de innovación educativa
Dende A Limia Xinzo de Limia acolle con éxito rotundo as xornadas de innovación educativa
Máis de 260 docentes, chegados de toda Galicia e outros puntos de España, participaron na terceira edición das xornadas de innovación pedagóxica celebradas en Xinzo de Limia para transformar a ensinanza actual. O encontro, que colgou o cartel de completo, serviu para que os mestres de Infantil, Primaria e Secundaria compartisen novas ferramentas para conectar mellor co alumnado. Durante a xornada, seis relatores expertos abordaron temas clave: Neuroeducación: como espertar a motivación e a cre…
17 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser