← Volver Dende A Limia

Menor e Santiago Ferrer analizan as vías de colaboración entre a Deputación e a Fundación Aquae Querquennae Vía Nova

Menor e Santiago Ferrer analizan as vías  de colaboración entre a Deputación e a Fundación Aquae Querquennae Vía Nova

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo unha reunión con Santiago Ferrer, novo responsable da Fundación Aquae Querquennae Vía Nova, para revisar as liñas de colaboración que a institución provincial mantén coa entidade radicada en Portoquintela (Bande) e estudar as posibilidades de continuidade deste apoio. Durante o encontro, no que tamén participou a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, analizáronse diferentes ámbitos de cooperación, entre eles a colaboración en novas escavacións arqueolóxicas e as axudas destinadas ao financiamento da Fundación, tanto para a organización de actividades como para os seus gastos de funcionamento. Luis Menor destacou a importancia do xacemento para a provincia, ao constituír un espazo de referencia para coñecer e divulgar a súa historia e o seu pasado romano, así como un recurso de interese turístico para a zona. O presidente provincial referiuse tamén ao traballo desenvolvido durante os últimos anos ata chegar á situación actual do conxunto arqueolóxico e ao papel da Fundación na súa actividade cultural e turística. “O compromiso segue sendo total e estudaremos a posibilidade de incrementalo dentro das nosas posibilidades”, sinalou Luis Menor, quen cualificou o labor da entidade como “absolutamente capital no ámbito cultural e turístico para a provincia de Ourense”.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A orquestra Ourensanía estrea un novo proxecto musical esta fin de semana
Dende A Limia A orquestra Ourensanía estrea un novo proxecto musical esta fin de semana
A orquestra sinfónica Ourensanía inicia esta fin de semana a súa colaboración con unha coral polifónica. O primeiro concerto terá lugar este sábado en Ourense, dentro da programación do Festival Internacional de Cinema (OUF). A formación, dirixida por Tielas e coa colaboración do director do conservatorio de Carballiño, actuará nas seguintes datas: Sábado: Teatro Principal de Ourense (no marco do OUF). Fin de semana que vén: Auditorio de Verín. Sobre a actuación en Xinzo de Limia, a organiza…
26 de septiembre de 2026 1 min lectura
A reforma da Praza de Abastos de Xinzo rematará en novembro
Dende A Limia A reforma da Praza de Abastos de Xinzo rematará en novembro
As obras na Praza de Abastos de Xinzo de Limia entran na recta final grazas a un investimento extra de 157.300 euros. O obxectivo é que o edificio estea operativo antes de que remate o mes de novembro. A nova achega económica, asinada entre a Xunta, a Deputación de Ourense e o Concello, servirá para cubrir os últimos gastos necesarios antes da apertura: Climatización: Instalación de sistemas para regular a temperatura interior. Mobiliario: Compra de mesas e elementos necesarios para os postos…
5 de octubre de 2026 1 min lectura
O Concello de Xinzo mantén o seu apoio á asociación Teatro Aneis
Dende A Limia O Concello de Xinzo mantén o seu apoio á asociación Teatro Aneis
O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, reuniuse con Judit Domarco, a nova presidenta da asociación Teatro Aneis, para reafirmar a colaboración municipal coa entidade. O encontro tivo lugar durante a II Feira do Mercado Social, evento no que a asociación estivo presente cun posto informativo. Manuel Fontemoura, director do grupo, foi o encargado de presentar esta nova etapa da entidade. O rexedor destacou a importancia do traballo que realiza Teatro Aneis en Xinzo, xa que a súa programación …
5 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser