← Volver Dende A Limia

​A Deputación tramita a subministración de 97 bancos e 5 marquesiñas para 20 concellos da provincia

​A Deputación tramita a subministración de 97 bancos e 5 marquesiñas para 20 concellos da provincia

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Deputación de Ourense tramita a subministración de 97 bancos e cinco marquesiñas para 20 concellos da provincia, no marco do programa de cooperación provincial para a dotación de mobiliario urbano. Esta liña de asistencia económica, técnica e material permite aos municipios acceder a estes equipamentos mediante un sistema de cofinanciamento ao 50 % do seu custo de adquisición. A relación de distribución inclúe os concellos de Rairiz de Veiga, Cartelle, Boborás, Ramirás, Larouco, Melón, Lobeira, Muíños, Beade, A Arnoia, Xunqueira de Espadanedo, Punxín, Cualedro, Baños de Molgas, Chandrexa de Queixa, Pereiro de Aguiar, A Mezquita, A Bola, Avión e Castrelo de Miño.Cada un destes municipios figura con cinco bancos, agás A Arnoia, con catro, e A Mezquita, con tres. As cinco marquesiñas corresponden a Boborás, Ramirás, Melón, Muíños e Pereiro de Aguiar. Sobre unha dotación de 132 bancos e cinco marquesiñas, quedan dispoñibles 35 bancos.As bases do programa, aprobadas pola Xunta de Goberno provincial o 17 de agosto e publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 31 de agosto, establecen un máximo de cinco bancos e unha marquesiña por concello e ano natural. Para o exercicio 2026, a achega municipal por unidade é de 121,75 euros máis IVE no caso dos bancos e de 1.246,14 euros máis IVE no das marquesiñas.A Deputación encárgase da adquisición dos equipamentos, mentres que os concellos deben recollelos no Parque de Maquinaria provincial e asumir o seu transporte e instalación. No caso das marquesiñas, os municipios deben dispoñer previamente da base de cimentación esixida nas condicións técnicas.O mobiliario debe instalarse en terreos de titularidade municipal ou, cando pertenzan a outra administración, contar coa correspondente autorización. Os concellos deberán acreditar a instalación mediante documentación fotográfica e a validación das coordenadas, así como manter os equipamentos no emprazamento indicado durante un mínimo de cinco anos.As solicitudes tramítanse a través da sede electrónica da Deputación e resólvense por orde de presentación da documentación completa e correcta, condicionadas á dispoñibilidade de unidades e de crédito.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Ourense acolle os avances para mellorar o control da auga e previr secas
Dende A Limia Ourense acolle os avances para mellorar o control da auga e previr secas
Representantes de España e Portugal reuníronse en Ourense para coordinar o proxecto RISC_PLUS, que busca mellorar a vixilancia dos ríos e anticiparse ás secas e inundacións na fronteira. Esta iniciativa, financiada por fondos europeos, céntrase en instalar tecnoloxía moderna para controlar a calidade e o nivel da auga. Estes son os puntos clave dos traballos: Control en España: A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten rematadas 10 das 11 estacións de control previstas. Entre elas destaca a…
9 de octubre de 2026 1 min lectura
A Torre da Pena de Xinzo acolle unha visita teatralizada gratuíta
Dende A Limia A Torre da Pena de Xinzo acolle unha visita teatralizada gratuíta
A compañía Platea Lúa organiza unha visita teatralizada na Torre da Pena de Xinzo de Limia o vindeiro sábado 17 de outubro, ás 18:00 horas. Trátase dunha actividade para coñecer a historia do monumento a través dunha representación escénica. A entrada é de balde, pero as prazas son limitadas: Aforo: Só 40 persoas. Reserva: É imprescindible chamar ao teléfono 617 557 961.
13 de octubre de 2026 1 min lectura
A Banda Infantil de Xinzo prepárase para o Certame Galego cun concerto na Praza de San Roque
Dende A Limia A Banda Infantil de Xinzo prepárase para o Certame Galego cun concerto na Praza de San Roque
A Banda Infantil da Agrupación Musical da Limia actuou este domingo na Praza de San Roque de Xinzo para amosar o seu repertorio antes de competir no XIX Certame Galego de Bandas de Música Populares. O concerto serviu para que os integrantes da formación amosasen o seu traballo e preparación ante os seus veciños. Este evento foi o ensaio xeral para a súa próxima cita oficial: Evento: XIX Certame Galego de Bandas de Música Populares. Protagonistas: Banda Infantil da Agrupación Musical da Limia.
21 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser