← Volver Dende A Limia

Un sábado repleto para o A.B.Xinzo

Un sábado repleto para o A.B.Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

SeniorAinda non comezou a liga, pero que mellor adestramento que xogar partidos amigables. Desta quenda xogaron con Taula e contra o Bosco. A competición comeza o 10 de outubro. JuniorAs xogadoras do Junior Femenino, xogaron o sábado a maña contra Carmelitas, con vitoria clara para as de Ourense (81-45). CadeteOs Cadetes Masculinos 2011, acadaron a vitoria en casa o sábado a tarde (94-27). As Cadetes Femenino 2012, son equipo de primeiro ano e xogaron o seu primeiro partido na casa contra Blanco Amor, con vitoria para as de Ourense (16-79) Os Cadetes Masculinos 2012, outro equipo de primeiro ano, que conta con xogadores da categoría infantil, enfrontaronse a Depordima en Xinzo, con vitoria para os visitantes (49-90) InfantilAs Infantís Femeninas 2013, xogaron na casa contra o Barco e acadaron a vitoria (35-10). O que fai que leven dous partidos xogados e dúas vitorias, un bo comezo de competición. As Infantís Femeninas 2014, outro equipo de primeiro ano, que xogaron o sábado a mañá contra Blanco Amor, con vitoria para as de Ourense (6-56).Os Infantís Masculinos 2014, equipo de primeiro ano, enfrontouse ao Barco, aínda que o marcador foi favorable para os do Barco, os xogadores do A.B.Xinzo fixeron moi bo partido (47-59) LicenciasTendo en conta as multiples disciplinas deportivas que hai en Xinzo, o Baloncesto segue estando moi presente. Queda moita liga por diante, pero de momento xa teñen 190 licencias de xogadores e xogadoras, e as que faltan por chegar. Lembramos que o baloncesto é moito máis cun deporte, no A.B.Xinzo os cativos e cativas aprenden compañeirismo, respeto, valores, disciplina e paixón polo deporte. 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense reparte 1,6 millóns de euros entre concellos, clubs e emprendedoras
Dende A Limia A Deputación de Ourense reparte 1,6 millóns de euros entre concellos, clubs e emprendedoras
A Deputación de Ourense aprobou onte un paquete de axudas que suma 1.592.721 euros. Estes cartos irán destinados a melloras nos concellos e a apoiar o deporte, a cultura e os negocios impulsados por mulleres na provincia. Axudas para os concellos (808.642 euros) Esta partida inclúe 22 achegas para obras de saneamento, pavimentación, infraestruturas deportivas e servizos públicos. Entre as contías máis destacadas están: 100.000 euros para o Museo Galego do Entroido, en Xinzo de Limia. 80.640 …
22 de septiembre de 2026 2 min lectura
Os nenos de Xinzo aprenden a cociñar con produtos locais en Alimagro
Dende A Limia Os nenos de Xinzo aprenden a cociñar con produtos locais en Alimagro
Un taller de cociña celebrado este venres no Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia ensinou aos máis pequenos a elaborar pratos con produtos do noso agro. A actividade, organizada dentro da feira Alimagro 2026, estaba dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos. O obxectivo principal foi achegar aos rapaces ao mundo da alimentación de xeito práctico: Manexar produtos da terra: aprender de onde veñen os alimentos que comemos. Experiencia culinaria: poñer as mans na masa nun ambiente lúdico. …
4 de septiembre de 2026 1 min lectura
A Banda Infantil de Xinzo ofrece este domingo un concerto na praza de San Roque
Dende A Limia A Banda Infantil de Xinzo ofrece este domingo un concerto na praza de San Roque
A Banda Infantil da Agrupación Musical da Limia actúa este domingo 20 de setembro en Xinzo de Limia para amosar o seu repertorio antes de competir no Certame Galego de Bandas. A cita terá lugar na Praza de San Roque ás 19:00 horas. É un acto aberto a todo o público para que os veciños poidan escoitar as pezas que os rapaces levarán ao XIX Certame Galego de Bandas de Música Populares.
18 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser