Os equipos do A.B. Xinzo comezaron a competición esta fin de semana participando no Torneo Vila Real 2026 e en diversos partidos disputados en Ourense.
No Torneo Vila Real, celebrado en Portugal, o club estivo representado polas seguintes categorías, que aproveitaron a cita para coller ritmo antes do inicio oficial da liga:
- Sub-18: Junior feminino e Cadete masculino 2011.
- Sub-16: Cadete masculino 2012 e Cadete feminino 2012.
Por outra banda, nos partidos oficiais disputados en Ourense destacaron os seguintes resultados:
- Infantil Masculino 2014: vitoria contra o Blanco Amor tras unha prórroga o domingo.
- Junior Feminino: derrota o sábado ante o Blanco Amor.
- Cadete Feminino 2012: derrota o domingo contra Maristas.
- Infantil Feminino 2013: partido disputado o sábado fronte ao Maside.