← Volver Diario do Limia

Dous feridos leves nun choque de vehículos na N-525 en Sandiás

Dous feridos leves nun choque de vehículos na N-525 en Sandiás

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Dúas persoas resultaron feridas este xoves, 17 de setembro, tras colisionar dous turismos na estrada N-525, ao seu paso polo concello de Sandiás.

O accidente ocorreu arredor das 8:10 horas, no punto quilométrico 209,5, xunto á saída da autovía A-52. O impacto produciuse entre un Seat Ibiza que circulaba cara a Ourense e un Volkswagen Polo que intentaba incorporarse á vía.

Tras o aviso, desprazáronse ao lugar os servizos de emerxencia, que atenderon aos dous feridos, ambos con lesións de carácter leve. Tamén interviñeron efectivos da Garda Civil e persoal de mantemento de estradas para asegurar a zona e limpar a vía.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local sandiás
Tamén che pode interesar
O Moucho Bus conectará Xinzo e A Saínza pola romaría
Diario do Limia O Moucho Bus conectará Xinzo e A Saínza pola romaría
A Xunta e o Concello de Rairiz de Veiga habilitan un servizo especial de autobús os días 25 e 26 de setembro para acudir á Romaría da Saínza con seguridade. O Moucho Bus fará o percorrido entre a estación de autobuses de Xinzo de Limia e A Saínza nestes horarios: Ida desde Xinzo: ás 21:00 e ás 23:00 horas. Volta desde A Saínza: ás 02:30 e ás 03:30 horas. Esta iniciativa busca que os veciños poidan disfrutar da festa sen ter que coller o coche particular, mellorando así a seguridade nas estra…
15 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser