A Xunta e o Concello de Rairiz de Veiga habilitan un servizo especial de autobús os días 25 e 26 de setembro para acudir á Romaría da Saínza con seguridade.
O Moucho Bus fará o percorrido entre a estación de autobuses de Xinzo de Limia e A Saínza nestes horarios:
- Ida desde Xinzo: ás 21:00 e ás 23:00 horas.
- Volta desde A Saínza: ás 02:30 e ás 03:30 horas.
Esta iniciativa busca que os veciños poidan disfrutar da festa sen ter que coller o coche particular, mellorando así a seguridade nas estradas da comarca durante estas dúas xornadas.