O artesán Paco Rodríguez, coñecido como Paco do Toxal, entregou esta mañá unha coroza feita expresamente para o Museo Etnográfico de Vilar de Santos. A peza pasará a formar parte da colección permanente desta institución.
A coroza, unha vestimenta tradicional feita con xuncos, é un símbolo da cultura da comarca. Para a súa elaboración, o artesán realizou un minucioso traballo que se alongou durante máis dun ano e que incluíu:
- Recollida dos xuncos.
- Limpeza e cepillado do material.
- Trenzado manual da peza.
Ao acto de entrega asistiron o propio autor, representantes do goberno local de Vilar de Santos e os membros do Padroado do museo, quen agradeceron a xenerosidade de Paco do Toxal por axudar a conservar a memoria popular galega.