A Garda Civil de Xinzo de Limia investiga a unha muller de 48 anos por entrar á forza no domicilio da súa exparella, situado na parroquia de Zadagós, en Sandiás, para levar varios obxectos de valor.
A muller logrou acceder ao interior da vivenda tras forzar unha fiestra. Unha vez dentro, apoderouse dos seguintes artigos:
- Unha videoconsola.
- Un televisor.
- Ropa e documentación persoal.
- 750 euros en efectivo.
O caso está agora en mans dos xulgados e a muller está a ser investigada por un delito de roubo con forza en casa habitada.