← Volver Dende A Limia

A Xunta entrega unha vivenda rehabilitada en Muíños tras un investimento de 50.000 euros

A Xunta entrega unha vivenda rehabilitada en Muíños tras un investimento de 50.000 euros

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, fixo entrega este venres das chaves dunha nova vivenda de alugueiro tras finalizar os traballos de reforma no edificio.

A actuación, que permitiu rehabilitar unha superficie de 127 metros cadrados no antigo Centro de Saúde de Mugueimes (rúa Val do Salas, 2), contou cun investimento de 50.000 euros por parte da Xunta. O proxecto completouse coa achega de 28.000 euros do Fondo de Cooperación da Xunta e unha partida adicional de 40.000 euros financiada pola Deputación de Ourense.

A nova vivenda, situada na planta baixo cuberta, foi acondicionada para ofrecer un espazo funcional que consta de:

Durante o acto, Manuel Pardo puxo en valor a aposta da Xunta pola rehabilitación de inmobles municipais, como as antigas vivendas de mestres, lembrando que a convocatoria deste ano para concellos de menos de 30.000 habitantes alcanza os 2,1 millóns de euros.

O delegado territorial destacou as melloras nas axudas para o presente exercicio:

Como balance autonómico, entre 2017 e 2026, a Xunta destinou 11,1 millóns de euros á rehabilitación de 266 vivendas en 97 concellos. No caso concreto da provincia de Ourense, a iniciativa permitiu recuperar 93 vivendas en 36 municipios, ás que se suman 14 novas actuacións aprobadas recentemente en 8 concellos por un importe superior aos 880.000 euros.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
María Carmen Gómez García gana o III Certame Literario Antón Tovar
Dende A Limia María Carmen Gómez García gana o III Certame Literario Antón Tovar
O Padroado do Museo da Limia comunicou o resultado do III Certame Literario Antón Tovar, no que o xurado decidiu, por unanimidade, premiar o poema “Raiz de pereira” de María Carmen Gómez García. A autora, profesora xubilada de Lingua Galega e Literatura con longa traxectoria na comarca, recibirá un premio de 600 euros e a publicación da súa obra na revista Tempos Novos. A entrega do galardón terá lugar o sábado 20 de xuño ás 19:30 horas no Museo da Limia. O acto contará cun programa que inclúe …
15 de junio de 2026 1 min lectura
O PP de Ourense esixe medidas urxentes ante a oleada de roubos na Limia
Dende A Limia O PP de Ourense esixe medidas urxentes ante a oleada de roubos na Limia
Os deputados populares Ana Vázquez, Rosa Quintana e Celso Delgado rexistraron unha iniciativa no Congreso para reclamar ao Goberno central un plan de choque contra a inseguridade que sofren os agricultores ourensáns. A formación popular alerta dun goteo constante de subtraccións que afecta directamente á viabilidade das explotacións da comarca. Segundo explican, os produtores levan meses sufrindo incidentes que comprometen os seus investimentos e a actividade diaria nas leiras. Entre o materia…
1 de julio de 2026 2 min lectura
Polémica en Xinzo: veciñanza e ecoloxistas critican a presenza policial no Abrazo ao Río Limia
Dende A Limia Polémica en Xinzo: veciñanza e ecoloxistas critican a presenza policial no Abrazo ao Río Limia
A Asociación de Veciños das Conchas e a Plataforma Auga Limpa Xa denunciaron a presenza de catro axentes da Policía Local durante a XIV edición do Abrazo ao Río Limia, celebrada o pasado 16 de xuño de 2026 en Xinzo de Limia. Os colectivos, que organizaron o acto cun marcado carácter educativo e pacífico para concienciar sobre o estado ambiental da canle, cualificaron a intervención do concelleiro responsable como unha "posta en escena intimidatoria". Segundo sinalan nun comunicado, o edil acudi…
24 de junio de 2026 2 min lectura