← Volver Dende A Limia

As piscinas descubertas de Xinzo de Limia abren as súas portas para a tempada de verán

As piscinas descubertas de Xinzo de Limia abren as súas portas para a tempada de verán

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia inaugura este mércores 1 de xullo a tempada de baño nas piscinas municipais descubertas, que permanecerán abertas de luns a domingo ata finais de agosto.

As instalacións estarán operativas en horario continuado, de 12:30 a 20:30 horas. De cara a esta apertura, o consistorio realizou unha renovación integral dos bordillos de ambos os vasos, substituíndo as pezas deterioradas por outras novas para garantir a seguridade dos bañistas e evitar posibles accidentes.

Pola súa banda, a piscina climatizada manterase aberta durante o mes de xullo, cun horario reducido de 07:00 a 12:00 horas, para dar servizo a quen o necesite por motivos de saúde ou preferencia persoal. Durante o mes de agosto, esta instalación pechará para acometer as tarefas habituais de mantemento.

O Concello mantén os mesmos prezos que o ano pasado:

Dende o goberno local animan á veciñanza e aos visitantes a gozar destes espazos de lecer, incidindo na importancia de facer un uso responsable das instalacións e de respectar en todo momento as indicacións do persoal de servizo.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Un roteiro xeolóxico pon en valor a riqueza natural e mineira das Areeiras da Limia
Dende A Limia Un roteiro xeolóxico pon en valor a riqueza natural e mineira das Areeiras da Limia
Un total de 35 persoas participaron o pasado sábado 27 de xuño nun roteiro guiado polas Areeiras da Limia, entre os concellos de Sandiás e Vilar de Santos, para coñecer o proceso de transformación destes espazos mineiros en contornas de alto valor ecolóxico. A actividade, organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) co apoio da Consellería de Economía e Industria, permitiu aos asistentes descubrir como a extracción de area de alta calidade dá lugar a lagoas que, co paso do tempo, se…
28 de junio de 2026 2 min lectura
Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Dende A Limia Graduación e recital dos alumnos do Grao Profesional en Xinzo
Este venres, os estudantes do Grao Profesional celebraron un recital para amosar os coñecementos adquiridos durante a súa formación. A xornada culminou coa graduación dos alumnos de último curso, que contou cun homenaxe especial a Suso Dopozo, organizado con xunto pola comunidade de estudantes e polo Concello de Xinzo.
13 de junio de 2026 1 min lectura
Municípios galegos e a Fundación Finnova adhírense ao Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal
Dende A Limia Municípios galegos e a Fundación Finnova adhírense ao Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal
No marco do encontro internacional Rural University Hub, celebrado en San Xoán de Río, as alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río, xunto á Fundación Finnova, asinaron a adhesión ao Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal. Esta iniciativa, que ten súa orixe en Ibagué (Colombia), busca promover a economía circular como un motor para xerar oportunidades económicas, protexer o medio ambiente e fortalecer a cohesión social nos territorios rurais. O acordo pretende situ…
9 de junio de 2026 2 min lectura