«Mimos para a tribu»: xornada de benestar para os nenos do CEIP Carlos Casares
Un total de 41 alumnos de 4 anos do CEIP Carlos Casares participaron na actividade sorpresa «Mimos para a tribu», unha iniciativa deseñada como recoñecemento ao esforzo realizado polos pequenos ao longo do curso escolar.
Durante unha hora, os nenos desfrutaron de diversas actividades de relaxación e coidado persoal, que incluíron a aplicación de máscaras faciais, masaxes, remollo de pés, manicura, maquillaxe e peinados. Esta xornada foi posible grazas ao traballo coordinado entre as profesoras e a colaboración activa de 30 pais e nais.
A profesora Ana destacou a importancia da implicación das familias e o impacto positivo da actividade no comportamento dos rapaces, quen estiveron moito máis tranquilos e calmados do habitual grazas á sesión de benestar.
O evento rematou cunha merenda para os pequenos e unha sorpresa similar organizada polas docentes para os familiares asistentes.