← Volver Dende A Limia

Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector

Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector

Fotografía de arquivo. A Limia News.

As profesionais do CDR O Viso, a educadora social Aine Opazo e a traballadora social Paula Blanco, participaron na Xornada Provincial do Terceiro Sector, un evento organizado pola Deputación Provincial de Ourense para fomentar a cooperación entre as entidades sociais da provincia.

O obxectivo principal desta xornada foi promover a visibilidade do Terceiro Sector e o intercambio de experiencias, buscando fortalecer o traballo en rede para mellorar a resposta ás necesidades da cidadanía. Un dos puntos fundamentais do encontro foi a necesidade de coordinación entre a Deputación e as entidades sociais en materia de estranxeiría. Esta colaboración resulta esencial para facilitar a integración social e os trámites administrativos das persoas migrantes, especialmente durante o actual proceso extraordinario de regularización.

A participación do CDR O Viso permitiu á entidade compartir coñecimientos, identificar necesidades comúns e reforzar alianzas institucionais. Con isto, a organización reafirma o seu compromiso cunha intervención social coordinada, próxima e centrada nas persoas, contribuíndo así á construción dunha provincia máis inclusiva e con igualdade de oportunidades.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Así lucen o novo carril bici e as obras das avenidas de Madrid e Ourense
Dende A Limia Así lucen o novo carril bici e as obras das avenidas de Madrid e Ourense
A transformación das avenidas de Madrid e Ourense xa é unha realidade para os peóns e ciclistas da vila. O novo trazado busca mellorar a seguridade viaria e a mobilidade urbana na zona máis transitada. As obras de humanización renovaron por completo o aspecto da estrada xeral, facendo que sexa máis accesible para todos. Estas son as principais novidades: Novo carril bici: Un espazo segregado e seguro para o uso de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal. Humanización: Mellora das beirarr…
7 de julio de 2026 1 min lectura
Rematan as obras da travesía de Xinzo: xa podes usar as novas rotondas e o carril bici
Dende A Limia Rematan as obras da travesía de Xinzo: xa podes usar as novas rotondas e o carril bici
As obras de mellora na travesía de Xinzo finalizaron esta semana tras un ano de traballo, cumprindo cos prazos previstos. Os técnicos do Ministerio e do Concello xa supervisaron a zona, que queda lista para o uso dos veciños. A actuación, que abrangue dende o instituto ata a saída cara a Madrid, renovou por completo a imaxe da entrada da vila. Estes son os principais cambios: Novas rotondas: Construíronse dous novos enlaces na avenida de Ourense para ordenar o tráfico. Carril bici: Instalouse…
7 de julio de 2026 1 min lectura
Circo e humor na Praza Maior de Xinzo este sábado
Dende A Limia Circo e humor na Praza Maior de Xinzo este sábado
O espectáculo de circo e clown "Sempre Arriba con Hoxe Si!" chega este sábado, 11 de xullo, á Praza Maior de Xinzo de Limia para ofrecer unha tarde de lecer familiar gratuíto. A actuación comezará ás 20:00 horas e a entrada é libre para todas as persoas que queiran asistir. A obra, creada pola artista galega Marta Iglesias, mestura técnicas de clown (pallasos) con acrobacias aéreas e música dos anos oitenta. Puntos clave do evento: Data: Sábado, 11 de xullo. Hora: 20:00 horas. Lugar: Praza …
10 de julio de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser