← Volver Diario do Limia

Unha muller falece nun accidente de tráfico en San Cristovo de Cea

Unha muller falece nun accidente de tráfico en San Cristovo de Cea

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Este xoves, arredade das 13:20 horas, produciuse un accidente mortal na estrada OU-504, á altura do kilómetro 22,6, no concello de San Cristovo de Cea (partido judicial de O Carballiño).

O siniestro consistiu nunha colisión frontal entre dous turismos. Como consecuencia do impacto, unha das condutoras morreu no mesmo lugar do accidente, mentres que o outro condutor resultou ferido de gravedade.

Ao lugar desplazáronse efectivos do Destacamento de Tráfico de Ourense, o segundo xefe da UNIS e o equipo do EIS Ourense. As causas exactas do accidente están sendo investigadas polas autoridades competentes.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
A Limia Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
391 agricultores de Ourense reciben máis de medio millón de euros en axudas para fertilizantes
Diario do Limia 391 agricultores de Ourense reciben máis de medio millón de euros en axudas para fertilizantes
Un total de 391 agricultores da provincia de Ourense comezarán a recibir axudas directas do Goberno central para mercar fertilizantes. En total, repartiranse 508.183 euros para compensar o encarecemento deste produto esencial para o campo. A primeira listaxe de beneficiarios xa está publicada e abrangue unha superficie de 10.715 hectáreas. As axudas divídense segundo o tipo de cultivo: Regadío: 166.399 euros (ata 92,50 euros por hectárea). Secaño: 341.784 euros (ata 38,33 euros por hectárea).…
7 de septiembre de 2026 1 min lectura
Muíños estrea un sistema de valado virtual para que as vacas axuden a previr incendios
Diario do Limia Muíños estrea un sistema de valado virtual para que as vacas axuden a previr incendios
A Xunta puxo en marcha en Muíños un proxecto piloto que utiliza colares con GPS para controlar o gando vacún. O obxectivo é que os animais pasten en zonas concretas para limpar o monte e así evitar lumes forestais. O sistema, desenvolvido xunto coa empresa galega Innogando, substitúe os valados físicos por tecnoloxía dixital. Funciona deste xeito: Control remoto: Os gandeiros delimitan o espazo de pastoreo desde unha aplicación móbil. Seguimento constante: A localización das vacas actualízase…
21 de agosto de 2026 1 min lectura
O Conservatorio de Xinzo abre o prazo de matrícula para o curso 2026-2027
Diario do Limia O Conservatorio de Xinzo abre o prazo de matrícula para o curso 2026-2027
O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia xa permite inscribirse nas súas ensinanzas para o vindeiro curso. Hai prazos distintos segundo a idade e o nivel de estudos que se queira cursar. Cursos para os máis pequenos (sen proba de acceso): 6 anos (Música e Movemento) e 7 anos (Iniciación Musical): O prazo de matrícula remata o 22 de setembro de 2026 ou ata que se esgoten as prazas. Probas de acceso para ensinanzas oficiais: 1º de Grao Elemental: Inscrición ata o 8 de setembro; …
3 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser