Un novo sistema de descontos para establecementos comerciais permite aos clientes obter reducións nas súas compras mediante o uso dunha aplicación móbil. O programa funciona mediante bonos que se van consumindo de acordo co valor de cada compra realizada.
Procedemento de participación
Para acceder aos beneficios, os usuarios deben seguir estes pasos:
- Rexistrarse a través da aplicación móbil ou da páxina web.
- Validar a rexistración mediante un código recibido por SMS.
- Activar e descargar o bono correspondente.
- Amosar o código QR no establecemento comercial no momento de efectuar o pago.
Estructura dos descontos
As reducións aplícanse en función de tres franxas de importe baseadas no total da compra:
- Compras entre 20€ e 30€: redución de 5€.
- Compras entre 30€ e 50€: redución de 10€.
- Compras superiores a 50€: redución de 15€.
Nota importante: Cada cliente poderá dispoñer de un bono con un importe máximo de ata 30€. Aínda así, os bonos deixarán de ser válidos unha vez que se esgote o crédito total destinado ao programa.