← Volver Dende A Limia

Xinzo de Limia declara o Parque do Pombal como espazo libre de fumo

Xinzo de Limia declara o Parque do Pombal como espazo libre de fumo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense habilitaron o Parque do Pombal como «Espazo Libre de Fumo». Esta iniciativa busca protexer a saúde pública, con especial incidencia nos menores, e concienciar sobre os riscos do tabaquismo en contornos públicos.

Esta medida é parte dun convenio de colaboración firmado entre ambas institucións no ano 2025. No acto de presentación participaron o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; o tenente de alcalde, Antonio Fernández; a concelleira de Servizos Sociais, Saúde e Igualdade, Ángeles Martínez; e o presidente da AECC en Ourense, Germán Rodríguez-Saá.

Ademais desta nova sinalización, o convenio permite que a AECC ofreza servizos de apoio integral e gratuíto directamente no concello para pacientes e familias, mediante un equipo técnico especializado que ofrece:

  • Atención psicolóxica: apoio emocional especializado no diagnóstico e tratamento.
  • Atención social: orientación sobre recursos públicos e axudas de emerxencia.

Coa habilitación deste novo espazo, Xinzo de Limia reforza o seu compromiso coa prevención do cancro e a promoción de entornos de convivencia máis saudables.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Un paso histórico pola inclusión no baloncesto de Xinzo
Dende A Limia Un paso histórico pola inclusión no baloncesto de Xinzo
Teo, un neno con Trastorno do Espectro Autista (TEA), disputou o seu primeiro partido de liga co equipo A.B. Xinzo Premini. O encontro, celebrado en Xinzo contra o Ingade COB, trascendeu o resultado deportivo para convertirse nunha xornada de romper barreiras e combatir prexuízos. Teo, que leva tres anos adestrando co club, participou en tres dos seis tempos do partido e marcou varias canastas que foron celebradas tanto polos seus compañeiros como polo público e o equipo contrario. A xornad…
23 de abril de 2026 1 min lectura
Bendito «colapso» en Xinzo
Dende A Limia Bendito «colapso» en Xinzo
Seguen as obras de asfaltado da arteria principal de Xinzo, onde as máquinas e os camións non paran, para rematar, como estaba programado a primeira parte correspondente ao centro neurálxico da vila, no tocante ao asfaltado e aglomerado en quente. Paree que o tempo vai axudar a que o domingo pola mañá a imaxe da arteria principal da vila teña outro aspecto mais axeitado ao século 21.
15 de mayo de 2026 1 min lectura
A Pantalla de Xinzo prepara a elección da súa nova directiva
Dende A Limia A Pantalla de Xinzo prepara a elección da súa nova directiva
A asociación A Pantalla de Xinzo celebrou unha sesión extraordinaria co obxectivo de resolver dúbidas e suxestións dos seus membros, e de convocar oficialmente a próxima xuntanza extraordinaria onde se elixerá a nova directiva da entidade. Como resultado dunha campaña de captación iniciada hai semanas, a asociación superou xa os 200 socios. Durante a sesión, todos os puntos da orde do día foron aprobados por unanimidade, contabilizando asímesmo os votos delegados. Finalmente, designouse a mesa…
6 de mayo de 2026 1 min lectura