← Volver Dende A Limia

Rutas de sendeirismo pola Vía da Prata: Proxecto "Camiño Vertical"

Rutas de sendeirismo pola Vía da Prata: Proxecto "Camiño Vertical"

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Deputación de Ourense, a través do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), pon en marcha un ciclo de rutas de sendeirismo pola Vía da Prata entre Feces e Ourense. Esta iniciativa forma parte do proxecto «Camiño Vertical», cofinanciado polo programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea, co obxectivo de promover o turismo sustentable e a dinamización económica do medio rural mediante a valorización dos itinerarios históricos e culturais do territorio.

O programa percorrerá máis de 90 quilómetros divididos en catro etapas, permitindo a participación tanto no ciclo completo como en etapas individuais, segundo a dispoñibilidade de cada camiñante. O itinerario previsto é o seguinte:

As inscricións poden realizarse a través da páxina web de Conoce Galicia ou mediante o teléfono 988 253 359.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Garda Civil desarticula unha organización dedicada ao roubo de máquinas de tabaco e tragaperras
Dende A Limia A Garda Civil desarticula unha organización dedicada ao roubo de máquinas de tabaco e tragaperras
O Equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Verín, a través da Operación BEZIN OU, desarticulou unha banda criminal especializada no roubo de recadacións en máquinas de tabaco e recreativas. A operación culminou coa detención de sete persoas e a investigación dunha oitava. Detalles da investigación e feitos delitivos A investigación, iniciada en setembro de 2025, contabiliza un total de 15 feitos delitivos, entre os que destacan: Roubos con forza en estacións de servizo: Oito incidentes re…
29 de abril de 2026 2 min lectura
A FESMOU «Aplazada»
Dende A Limia A FESMOU «Aplazada»
Tan solo unha semana despois da súa presentación por todo o alto do que pretendía ser o gran desfile de máscaras do Entroido ourensán, comunican que se suspende a súa celebración "sine díe". Recordamos que na presentación estiveron presentes toda a plana maior do PP de Xinzo, cogobernando no concello, e no que á pregunta do concelleiro de cultura Carlos Gomez, sobre cales eran as máscaras que ían a participar, un dos organizadores respondeu que sería unha sorpresa. E así foi a sorpresa de grande…
10 de mayo de 2026 1 min lectura