← Volver La Región

Resumo da entrada

Resumo da entrada

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Máis de 30 veciños de Santa Ana asistiron a unha reunión informativa sobre a próxima rehabilitación do núcleo urbano. As obras, financiadas polo Plan Hurbe, centraranse na renovación de servizos urbanos, separación de augas e reposición de pavimentos. O Concello xestionará acometidas privadas e a titularidade de terreos para un futuro parque.

Rehabilitación do núcleo urbano de Santa Ana

Máis de 30 veciños do pobo de Santa Ana acudiron a cita do alcalde do Concello de Sandiás, Felipe Traveso, e o concelleiro, Tito Traveso, na vivenda social “Escolas de Santa Ana” para unha reunión informativa sobre a próxima obra de rehabilitación do núcleo urbano da aldea de Santa Ana.

As obras centraranse na entrada da aldea e no núcleo urbano e levaranse a cabo nunha única fase, a cal está pendente de pronta licitación. Farase unha renovación e soterración dos servizos urbanos da rede de baixa tensión, telecomunicacións e a rede de iluminación pública. Tamén se fará separación de augas pluviais e fecais e está proxectada a reposición dos pavimentos con formigón e lastra de pedra pola beira das casas. Nas airas non se fai intervención ó non ser bens de titularidade municipal, pero o alcalde xestionará coa empresa as acometidas privadas das casas que o demanden no concello. Tamén pretende xestionar coa Xunta de Montes a titularidade dos terreos ca finalidade de facer un parque.

Esta actuación está incluída no Plan Hurbe, unha colaboración da Xunta co ámbito local para axudar ós concellos a financiar actuacións que poidan recuperar espazos públicos ou mellorar equipamentos. A Xunta asume o 70% dos custes, que supón un investimento de 225.000 euros, ademais de contratar e executar as obras. Por outra banda, a Deputación achegará 70.000 euros e o Concello achegará 26.000 euros, ademais de redactar o proxecto e o mantemento e conservación da intervención.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
La Region prensa
Tamén che pode interesar
Xinzo celebra Alimagro: a gran feira do campo con maquinaria e degustacións
La Región Xinzo celebra Alimagro: a gran feira do campo con maquinaria e degustacións
Xinzo de Limia inaugurou este sábado a VII edición de Alimagro, a feira dedicada ao sector agrario que se estende por máis de 20.000 metros cadrados. A xornada comezou cunha novidade, Demoalimagro, unha demostración de maquinaria agrícola en tempo real nas leiras do Inorde en Sandiás. Agricultores e profesionais puideron ver traballar tractores e equipos de precisión de seis empresas distintas. O acto oficial tivo lugar despois no Toural e no pavillón, onde máis dun centenar de marcas presenta…
6 de septiembre de 2026 1 min lectura
Incendio activo en Calvos de Randín: xa afectou a máis de 20 hectáreas
La Región Incendio activo en Calvos de Randín: xa afectou a máis de 20 hectáreas
Un incendio forestal que comezou este xoves ás 13:36 en Calvos de Randín segue activo e xa queimou máis de 20 hectáreas. O lume ten nivel 2, o que significa que o perigo é maior porque as chamas están moi preto de algunhas casas. A situación é difícil debido ao vento e ao calor, que dificultan os traballos no entorno do Xurés, aínda que o incendio non afecta ao Parque Natural. Para intentar apagar o fogo, o operativo conta con: Medios aéreos: 4 helicópteros e 9 avións. Medios terrestres: 9 b…
24 de septiembre de 2026 1 min lectura
Dous feridos leves nun accidente en Sandiás na N-525
La Región Dous feridos leves nun accidente en Sandiás na N-525
Dúas persoas resultaron feridas leves este xoves nun choque entre dous coches na estrada nacional N-525, ao seu paso por Sandiás. O accidente ocorreu ás 8:10 horas no punto quilométrico 209,5, na zona de incorporación á autovía A-52. O choque produciuse cando un coche que ía cara a Ourense impactou contra outro que se estaba incorporando á vía. Estas foron as principais consecuencias: Dous feridos: Foron atendidos polos servizos sanitarios e trasladados en ambulancia. Retencións: O tráfico e…
17 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser