


Creación dunha Aula de Natureza e de Interpretación da Rede Natura 2000 – Zepa A Limia na aldea didáctica de Saa

Proxecto para a realización de Estudos e Investimentos na Reserva da Biosfera Área de Allariz – Concello de Vilar de Santos

FOTOGALERÍA | Vilar de Santos, a primeira división de veteranos
A Asociación Cultural, Deportiva e Veciñal Vilar de Santos certifica un merecido ascenso nunha tarde de gloria no Concello limiao.
O equipo colleitou no seu terceiro ano de vida o seu segundo ascenso e xogará o próximo ano na Primeira División provincial de fútbol de veteranos logo dunha campaña proveitosa na que o fútbol transcendeu no pobo da Arracada ao incorporar ó clube a máis de cen persoas entre xogadores, directiva, colaboradores e colaboradoras e patrocinios.
O equipo naceu no seu da veciñanza no verán de 2022 e apenas nove meses despois conseguira subir ata a segunda categoría provincial. Despois dun ano de consolidación do proxecto, consegue unha nova promoción que o sitúa ás portas do máis alto do fútbol de veteranos.
Cun plantel formado principalmente por xogadores de Vilar de Santos,Rairiz de Veiga e Sandiás, conta coa axuda dunha nutrida representación do veciño concello de Xinzo de Limia. Neste ascenso foi clave a labor do porteiro Dani Blanco, Manu, Beni, Lama, Pablo Curras, Miranda...na parte organizativa e a futbolistica de Diego Boia, Adrian, Pablo... aínda que o éxito radica no concepto coral do equipo.
O alcalde de Vilar de Santos, Rubén Colmenero 'Pisto', é promotor e tamén xogador do equipo e valora o éxito como “unha mostra de que o deporte é principalmente unha excusa para xuntar a un pobo e velo unido, traballando xunto”. Congratúlase principalmente da rede de colaboradores e colaboradoras: “ver a xente da zona que non xoga pero que madruga para limpar as instalacións, que prepara a merenda para a afección ou que pon ó servizo do equipo todo canto ten é o meu maior orgullo”, engade.
O ascenso ten unha dedicatoria especial e indiscutible: “a emoción que sentimos dedicámoslla ó noso compañeiro Pablo de Currás, que está loitando pola súa saúde e incorporar estes folgos que lle mandamos vaille axudar definitivamente porque sen el, a vida do Vilar de Santos non é completa”.
Pisto adiantó tamén que están traballando para levar ó equipo ó torneo internacional de Ribadeo que xogará nas últimas semanas de maio.

Excursión á Costa da Morte

Charla formativa: Recuperar a terra. Deseñar o futuro.

A Festa da Arracada queda adiada para o mes de xuño

Los registros civiles de Celanova, Ribadavia y Xinzo ya pueden consultarse en internet

Vilar de Santos volve ao pasado para celebrar o Beltaine na segunda Festa da Arracada

Festa da Arracada. Ano II. Festividade de Beltaine.

Aberto prazo de solicitude de reserva de praza de novo ingreso no PAI de Vilar de Santos 2025
