FOTOGALERÍA | As mulleres da Limia alzan a voz no 8M cun encontro de convivencia, cultura e reivindicación en Rairiz de Veiga
A comarca da Limia celebrou o Día Internacional das Mulleres cun encontro organizado pola Asociación de Mulleres Rurais A Carballa en colaboración co Concello de Rairiz de Veiga, unha xornada que combinou convivencia, cultura e reivindicación arredor do papel das mulleres na sociedade.
O acto reuniu a numerosas participantes no CEIP Carlos Cid Arregui de Rairiz de Veiga, onde se desenvolveu un amplo programa de actividades. A xornada comezou cunha recepción e almorzo de benvida, seguida da intervención da presidenta da asociación e da alcaldesa do municipio.
Durante o encontro proxectáronse diferentes reportaxes e vídeos centrados no traballo e na realidade das mulleres, especialmente no ámbito do emprendemento e do medio rural. Ademais, desenvolveuse unha mesa de mulleres baixo o título “Conversas entre nós”, na que se compartiron experiencias e reflexións sobre os retos e avances na igualdade.
A programación tamén incluíu a representación teatral “Os marcos”, a lectura do manifesto conmemorativo do 8M e un acto reivindicativo que puxo en valor a importancia das mulleres na sostibilidade social e económica do territorio.
A xornada rematou cun xantar de convivencia e baile, acompañados pola actuación dun grupo de gaiteiros e gaiteiras de Rairiz, nun ambiente de celebración e unión arredor dunha data clave para seguir reivindicando a igualdade real entre mulleres e homes.
O PSdeG reclama á Deputación un plan de choque para a Limia ante a crise das inundacións | NOTICIAS XINZO
Muere en el CHUO el ganadero de Rairiz que había quedado atrapado bajo pacas de paja
Evacuado en helicóptero un vecino de Rairiz al caerle encima unas pacas de hierba
A Xunta e Rairiz de Veiga analizan vías de colaboración para dinamizar o comercio local
Estos aficionados al teatro llevan casi treinta años creando lazos con el público de A Limia
A Asociación de Mulleres Rurais A Arracada trae á Limia a adaptación contemporánea de “As vellas non deben de namorarse”
En la tierra de las castañas se vive el magosto por todo lo alto
Las gallinas de 40 municipios gallegos deberán estar encerradas a partir del 10 de noviembre
La CHMS y el Concello de Rairiz de Veiga estrenan un nuevo puente sobre el río Bidueiro con una inversión de 121.000 euros