O III Patapas chegará con un 30% máis en premios e novidades para fomentar a rotación por tódolos establecementos

Concello de Xinzo de Limia

Xinzo de Limia prepara a terceira edición do Patapas

O Concello de Xinzo de Limia e a hostalaría local colaboran para organizar a terceira edición do Patapas, o Concurso de Tapas de Pataca. O obxectivo é aumentar a participación e favorecer a rotación do público por todos os establecementos, incluídos os situados fóra do centro.

Introduciranse novidades nas bases e a dotación dos premios aumentará un 30%, ata os 3.500 €.

O venres 14 de novembro pecharase a inscrición de locais. Posteriormente, daranse a coñecer a cartelería, a listaxe de establecementos, o calendario e as bases completas.

O Patapas consolídase como un concurso gastronómico colaborativo que impulsa a creatividade e dinamiza a vila, grazas ao traballo conxunto entre hostalaría e Concello.

Fonte: www.xinzodelimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA