Xinzo de Limia colabora con WeWoman e Ourensividade para impulsar o talento local e mellorar a calidade de vida
O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, asinou un convenio de colaboración coa plataforma internacional WeWoman Engineers (dirixida por Manuela Appendino) e a asociación Ourensividade (presidida por Pablo García Vivanco) para impulsar proxectos de innovación, formación e cooperación. O obxectivo é mellorar a calidade de vida da veciñanza e activar o talento local.
As liñas de colaboración inclúen a análise da lonxevidade na comarca, o desenvolvemento de iniciativas sociais e tecnolóxicas para o envellecemento activo, e a promoción do talento, especialmente de mulleres e mocidade, en proxectos de innovación e emprendemento.
O acordo busca conectar administracións, empresas, centros formativos e profesionais para testar solucións, captar recursos e dar visibilidade ás boas prácticas na zona.
Fonte: www.xinzodelimia.gal
